Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Próximo a 30 cativos daranse cita no campus de ximnasia rítmica en #Baiona

Próximo a 30 cativos daranse cita no campus de ximnasia rítmica en #Baiona

Correo-e Imprimir PDF
campus ximnasia

Preto de 30 nenos e nenas participarán, dende o vindeiro luns 17 de agosto, no tradicional Campus de Ximnasia Rítmica de Baiona que, con esta, chega xa a súa quinta edición. O campus estará impartido por dúas adestradoras tituladas pola Real Federación Española de Ximnasia Rítmica, con experiencia en competicións oficiais.

A ximnasia rítmica, un deporte minoritario na comarca do Val Miñor, comeza a introducirse pouco a pouco a partir do ano 2010 coas Escolas Municipais de Baiona, co obxectivo final da posta en marcha, hai xa dúas tempadas, do Club Ximnasia Rítmica As Estelas que, cun total de 30 nenas federadas, participaron ao longo da tempada en varios torneos e eventos de ximnasia rítmica.

Esta quinta edición do Campus conta cun número de inscricións que superan a treintena e desenvolverán ao longo dos días que dure a actividade actividades propias da ximnasia rítmica, como é o manexo de aparellos como cinta, corda, aro ou pelotas, mesturadas con outras como un obradoiro de deseño de maillots, aeróbic e técnicas acrobáticas, actividades na praia ou xogos entre outras. Serán, en todo caso, actividades pensadas e deseñadas para que as participantes gocen dunha semana de diversión e práctica deportiva.