O BNG-Asembleas Abertas presentará unha reclamación ante a Xunta Electoral Central tras ter coñecemento da celebración por parte do Concello de Baiona dunha rolda de prensa no día de mañá, na que presentará un proxecto xunto á Universidade de Vigo para a recuperación da Praia da Ladeira.
O Xornal do Val Miñor. Baiona, Nigrán, Gondomar
#Baiona :O BNG denuncia ao candidato do PP, Vázquez Almuíña ante a Xunta Electoral
Capturan ao suposto autor de máis dunha ducia de roubos en vehículos aparcados en Gondomar, Nigrán e contorna.
Cun martelo especial para romper os cristais dos coches percorría rúas e camiños do Val Miñor e contorna na procura de efectos de valor en vehículos aparcados. Efectivos da Garda Civil do posto de Baiona estaban alertados da comisión de 12 delitos con este modus operandi dende o pasado mes de xaneiro. O pasado martes 26 de maio puideron identificar ao suposto autor na cidade de Vigo onde foi detido coa "ferramenta do delito" nas mans.
Encaixamos procura un transporte público acondicionado para persoas con discapacidade no Val Miñor.
Baixo o lema "Encaixamos todos", o colectivo miñorano traballa arreo na procura de patrocinadores e axudas que permitan adquirir unha furgoneta acondicionada. A mesma beneficiaría a usuarios da bisbarra cuxa mobilidade hoxe depende só de servizos privados, sinalan membros do colectivo. O problema é importante advirten porque moitas persoas e familias non dispoñen de medios económicos suficientes para pagar todos os desprazamentos.
Trocan a zona de descarga do Centro de Saúde de #Gondomar por prazas de aparcadoiro para discapacitados.
A Policía Local de Gondomar informa que o Concello realizou un cambio de sinalización na rúa Portugal, á altura da Praza das Ecolas Vellas, quedando anulada a sinal de carga e descarga existente anteriormente, sendo agora unha zona reservada para dúas prazas para discapacitados e outra praza para o estacionamento de ambulancias, existindo outro sinal na entrada do Centro Médico que habilita a particulares a subida e baixada para persoas impedidas.
A nova edición do NigránJazz enche un ano máis o auditorio natural da Foz da Ramallosa
Un cheo total acompañou a nova edición do NigránJazz no auditorio natural da Foz na Ramallosa. O espectáculo comezou ás 21.00 coa actuación do vibrafonista catalán Andreu Vilar Trío, quen se acompañará na batería da galega Naima Acuña e no contrabaixo do cubano afincado en Galicia José Manuel Díaz.
Máis artigos...
- #Baiona licita ás máquinas expendedoras de bebidas localizadas en dependencias municipais.
- O Areixa de #Nigrán e o C.B. #Baiona inician un proxecto deportivo conxunto.
- O goberno de Nigrán anima á veciñanza a concorrer á manifestación a prol dun hospital “100% público”.
- Nigrán despide a programación de zumba na praia mañá xoves cunha gran clase fin de curso
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL