Sábado, 26 Apr. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Portada

O Xornal do Val Miñor. Baiona, Nigrán, Gondomar

O PPdeG propón no seu programa das europeas que contaminar zonas como a Foz do Miñor non supoñan unha sanción para a administración.

Correo-e Imprimir PDF

Zona de verquido de augas fecais na ponte románica da RamallosaContaminar a Foz do Miñor sairá gratis, ou cando menos non será algo que deba preocupar de cara a poder recibir sancións económicas pola falta de depuración das propias administracións locais. Así se desprende da proposta lanzada o pasado sábado polo presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, presentando a parte galega do programa do seu partido para as eleccións europeas do 25 de maio.

O pasado decembro a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo votaba definitivamente o informe resultante da visita dunha delegación da Eurocámara ás rías do Burgo, Ferrol e Vigo.

A Foz do Miñor é unha das dúas únicas zonas de toda España, pechadas ao marisqueo polos seus altísimos niveis de contaminación por augas fecais. Nos últimos 10 anos a contaminación aumentou nun 800% e o problema segue sen solucionarse.

 

Dous alcaldes socialistas e un popular para un novo mapa político do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

juan cregoSobre o medio día do sábado e con escasos minutos de diferenza asumían os tres alcaldes da bisbarra: o popular Jesús Vázquez Almuíña por cuarta vez en Baiona, e os socialistas Francisco Ferreira e Juan González en Gondomar e Nigrán respectivamente. Nos tres casos só arroupados polos votos das súas agrupacións, sendo Almuíña o que tivo as cousas máis doadas cunha maioría absoluta de 9 votos en 17. Ferreira, cos seus 4 concelleiros ao igual que Pérez cos 7 do seu grupo acadaron a alcaldía como candidatos das listas máis votadas no 24M.

Nus nos areais de Canas

Correo-e Imprimir PDF

canas nusO convite é agruparse espidos nos areais de Canas , no limiar con Patos, despois das 5 da tarde. Exercer o dereito a estar nus nun espazo público sen ser molestados por quen non adoita tal costume. O pasado mércores fíxose a primeira chamada e captaron non só a atención dos medios e curiosos. Alguén chamou á policía local de Nigrán. Apostados no lugar os axentes observaron a situación máis entenderon que alí non se estaba a cometer ningún delito. O nudismo non está lexislado en Galicia. Levan xa catro días concorrendo e de momento sinalan que todo se desenvolve "con total normalidade".

O Concello de Gondomar entrega diplomas acreditativos aos alumnos de fotografía dixital.

Correo-e Imprimir PDF

foto dixit gondoUn grupo de mozas e mozos de Gondomar recibiron os diplomas acreditativos do curso de fotografía dixital que estivo a cargo da recoñecida fotógrafa miñorana, Ani Pérez. Os participantes do curso, de entre 14 e 30 anos, recibiron coñecementos desta arte dixital durante 30 horas no correr do presente mes. O acto de entrega dos diplomas tivo lugar no Centro de Desenvolvemento Local e contou coa participación do alcalde Francisco Ferreira e responsables da concelleira de Xuventude.

#Nigrán : Patos acollerá o único recital en Galicia do lisboeta finalista de “La Voz”, Marcos Martins.

Correo-e Imprimir PDF

Marcos-queda-Alejandro-Sanz MDSVID20150330 0136 17Todos os seguidores do certame musical La Voz da cadea Telecinco estarán de parabéns. O portugués Marcos Martíns (agora radicado en Valencia), quen fora finalista do programa, fará un único recital en Galicia e será no Sunset Bar da praia de Patos, Nigrán.

O cantante que conquistou coa súa voz ao público e gañou eloxios de Alejandro Sanz subirá a escena o vindeiro sábado 15 de agosto ás 22:30 horas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL