A vindeira madrugada do sábado21 ao domingo 22 de abril os curiosos dos fenómenos astronómicos terán a posibilidade de observar as Líridas. Unha choiva de meteoritos que sen ser das máis activas ten a particularidade de deixar meteoros moi lúcidos, que " duran bastantes segundos na atmosfera ou alcanzan un brillo significativo", segundo datos aportados polo astrónomo Pablo Martínez Alemparte. O radiante, a constelación de Lira, sairá sobre o horizonte Leste cara a as 22:10h do sábado e será a partir desa hora que comezaremos a poder observar meteoros aumentando a actividade conforme achegámonos á hora do máximo, sobre ás 07:30h do domingo.
O Xornal do Val Miñor. Baiona, Nigrán, Gondomar
As Líridas visitan os ceos do Val e achegarán a súa mellor faciana na madrugada do domingo.
O PP rexeita no Congreso dar maior protección aos enfermos graves con menos de 400€ de ingreso.
O PP impediu este mediodía que a Comisión de Emprego e Seguridade Social aprobase a proposición da portavoz do BNG, Olaia Fernández Davila, destinada a mellorar a protección a persoas que padecen cancro e outras doenzas graves, con ingresos menores a 400€. Trala presentación de emendas por parte do PP, PSOE e Esquerda Plural, a deputada nacionalista tratou de negociar un texto de consenso, que finalmente non foi aceptado polo grupo popular, o que concluíu con 23 votos en contra fronte aos 18 a favor.
A iniciativa que os nacionalistas levaron ao Congreso dos deputados é autoría de Beatriz Figueroa, avogada e xornalista viguesa que en medio dunha longa batalla contra o cancro que padece dende hai 3 anos, logrou acadar 400 mil sinaturas en apoio a un cambio na Lei da Seguridade Social que redactara xunto co catedrático de Dereito Laboral da Universidade de Vigo, Jaime Cabeza.
O novo réxime de uso do Aral será informado a propietarios e abonados do aparcadoiro municipal.
A consecuencia da resolución contractual coa antiga empresa Sofranda Gestao de Parques, o Concello de Baiona comeza a tomar medidas como novo xestor do aparcadoiro do Aral. Nese senso convocou a todos os titulares de cesión de prazas e usuarios abanodados do aparcadoiro a unha reunión o vindeiro luns 1 de xuño ás 20 horas no salón de Pleno. O motivo, segundo a administración é informaráselles sobre a nova situación do aparcadoiro e réxime de uso ao que se deberán someter a partir de agora.
Ao Val Miñor está a gobernalo o Facebook
Unha brincadeira do Entroido de dubidoso valor etnográfico pode ficar por sempre na entrada á vila de Gondomar porque ao actual alcalde moitos usuarios do Facebook lle puxeron un "Me gusta" a unha foto dela. Pequeno exemplo da pegada das redes sociais nas decisións administrativas dos políticos miñoranos. A iso pode engadirse a frenética subida de fotografías, post e comentarios que dende o pasado mandato tivo no ex alcalde de Nigrán un exemplo destacado, facendo do Facebook a fiestra onde amosar día a día os logros, achegar opinións políticas ou dialogar con cidadáns. Corrente que agora parecen seguir con igual entusiasmo e dedicación algúns dos novos rexedores da bisbarra.
A OMIX de #Gondomar abre inscricións para un curso de cestaría
A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, a través do programa ACTIVATE da Deputación de Pontevedra vai impartir unha formación sobre un dos oficios mais antigos, a cestaría.
Máis artigos...
- Multas de até 6.000 € para quen faga pintadas ou coloque carteis sen autorización en #Gondomar.
- As imaxes de #Nigrán percorren mundo trala emisión do trailer do filme “A praia dos afogados”
- Luz verde á ampliación da nave de SNOP en Porto do Molle. #Nigrán
- Próximo a 30 cativos daranse cita no campus de ximnasia rítmica en #Baiona
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL