Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade A OMIX de #Gondomar abre inscricións para un curso de cestaría

A OMIX de #Gondomar abre inscricións para un curso de cestaría

Correo-e Imprimir PDF
am 515535 4989316 559008

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, a través do programa ACTIVATE da Deputación de Pontevedra vai impartir unha formación sobre un dos oficios mais antigos, a cestaría.


Con este curso pretenden que a mocidade do Concello coñeza e poña en valor esta actividade que naceu como complemento da agricultura e a necesidade de usos cotiás( cestos, cestas, sombreiros, etc), proporcionándolle a estas novas xeracións facilidades para que coñezan un oficio artesán.

O curso ten unha formación de 40h, vaise desenvolver no concello de Gondomar do 19 ao 30 de outubro.
O que este interesado pode pasar pola Oficina Municipal de Información Xuvenil e inscribirse ou chamar ao 986.369.746 dende o 21 de xullo ata o 30 de setembro do 2015.