Martes, 29 Apr. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Portada

O Xornal do Val Miñor. Baiona, Nigrán, Gondomar

#Baiona licita ás máquinas expendedoras de bebidas localizadas en dependencias municipais.

Correo-e Imprimir PDF

vendingA convocatoria refire a 6 máquinas expendedoras de bebidas frías e quentes a instalar na Casa Consitorial (2), o Pavillón de Deportes (2) a Escola de Música (1) e o Centro Cultural de Belesar (1). A concesión será por un ano e prorrogable por outro segundo as bases publicadas no boletín provincial.

O canon anual mínimo será de 140 euros por cada unha das máquinas a instalar na Casa Consistorial e o Pavillón Municipal. En ambos os dous casos implican expendedoras de bebidas frías e quentes.

O Areixa de #Nigrán e o C.B. #Baiona inician un proxecto deportivo conxunto.

Correo-e Imprimir PDF

cb areixaDous clubs cunha amplísima traxectoria no baloncesto do Val Miñor, o C.B. Baiona e o C.B. Airexa de Nigrán, deciden unir as súas forzas.

Froito desta unión crearanse 4 equipos (Airexa-Baiona ou Baiona-Airexa) nas categorías Cadete Masculino, Cadete Feminino, Junior Masculino e Junior Feminino.

O goberno de Nigrán anima á veciñanza a concorrer á manifestación a prol dun hospital “100% público”.

Correo-e Imprimir PDF

Alcalde Juan González: "Queremos un hospital 100% público"
pleno-nigran-2015Tódolos partidos da corporación agás o PP aprobaron no último pleno unha moción que denunciaba as carencias do novo centro e que ademais apoiaba a convocatoria de manifestación o 3 de setembro

O goberno de Nigrán anima á veciñanza a participar na manifestación do xoves en Vigo convocada pola Xunta de Persoal do Sergas e SOS Sanidade Pública a favor dun hospital Álvaro Cunqueiro 100% público e en contra das alarmantes deficiencias desta infraestrutura. No último pleno do Concello de Nigrán, celebrado o 30 de xullo, tódolos partidos políticos agás o PP, que se abstivo, votaron a favor dunha moción que demandaba un centro 100% público e que ao mesmo tempo incluía o apoio expreso á citada manifestación.

Nigrán despide a programación de zumba na praia mañá xoves cunha gran clase fin de curso

Correo-e Imprimir PDF

ZUMBA900Tras dous meses de realizar con gran éxito a actividade de zumba en praia América, o Concello de Nigrán xunto a colaboración de Toni Pilates organiza mañá xoves ás 19.30 horas unha gran clase fin de curso que porá o broche de ouro á tempada.

Sabarís R. I.

Correo-e Imprimir PDF
Sabarís, ano 1940A pequeña reseña que onte apareceu no Faro de Vigo semella a típica que se publica para enches ocos, pero nos pode levar a algunha reflexión. Logo da saturación urbanística producida no casco urbano de Baiona, a presión constructiva foise desprazando progresivamente cara a Sabarís.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL