Martes, 29 Apr. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Portada

O Xornal do Val Miñor. Baiona, Nigrán, Gondomar

Nigrán acollerá no Pazo da Touza un curso sobre "Trastornos da personalidade".

Correo-e Imprimir PDF
Máis de 70 profesionais da psiquiatría participarán do curso no Pazo da Touza.

Unha actualizacións sobre os estudos das patoloxías derivadas do trastorno severo da personalidade congregará a máis de 70 profesionais da psiquiatría en Nigrán. Os mesmos recibirán un curso que afondará no chamado "trastorno límite" ou síndrome do "establemente inestable". Un trastorno que afecta ao 2% da poboación, segundo o Foro Galego para o Estudo da Personalidade. O encontro baixo o nome "Onde está o límite?, dificultades no diagnóstico co-ocorrencia e tratamento do TP límite", intentará capacitar no tratamento dun problema que segundo a estatísticas médicas leva ao suicidio ao 10% dos pacientes afectados.

Faladoiro sobre saúde sexual e reprodutiva das mulleres

Correo-e Imprimir PDF

Saúde sexual e reproductiva das mulleresA Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, a Rede de Pontevedra pola Igualdade e a Sociedade Galega de Sexoloxía organizan es xoves 6 de febreiro unha carla informativa sobre a "Saúde Sexual e Reprodutiva das Mulleres".

A charla terá lugar no Centro Cultural Bolos da Carrasca en Parada ás 20h. 

Un niño de avespas asiáticas leva 8 meses agardando a ser retirado en Sabarís

Correo-e Imprimir PDF

Un especime de avespa asiática en Sabarís | Imaxe: vm.infoO enxame pasou o período de hibernación e volve a estar activo, e as avespas xa rondan o entorno da céntrica avenida de Julián Valverde en Sabarís

Concello de Baiona e Xunta teñen coñecemento do enxame dende fai 8 meses sen que ningunha das administracións den sinais de vida para retiralo.

Boicot á reválida e concentración da comunidade educativa na Ponte da Ramallosa. #Baiona #Gondomar #Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

ceip-vilarinhoO boicot á reválida para escolares do 3º do ensino primario deu a nota nesta xornada en varios colexios da bisbarra. O absentismo escolar reportado até de agora marca a presenza de 1 estudante de 16 no colexio de Mallón, 3 de 30 en Vilariño e 10 de 50 escolares que tiñan que pasar pola avaliación no colexio público Humberto Juanes. O impacto deste boicot impulsado polos pais e nais das ANPAs e co apoio de boa parte da comunidade escolar, tamén arroxa 9 escolares de 22 en Peitieiros  e 13 de 21 en Vincios(Gondomar) que concorreron a facer a proba.

Incautan laboratorio para elaboración e tráfico de cocaína no sur de Galicia.

Correo-e Imprimir PDF

droga-incautadaNun golpe á rede de narcotráfico local, a Policía Nacional desmantela unha organización dedicada ao trafico de drogas na zona sur de Galicia e intervén un depósito de case tres quilos de cocaína e 500 gramos de haxix. O valor da droga intervida superaría os catrocentos dez mil euros no mercado ilícito, segundo o parte policial. Sinálase que a colaboración cidadá foi clave para localizar un laboratorio de corte e distribución da droga montado nos baixos dun edificio vigués. Hai dúas persoas detidas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL