Martes, 29 Apr. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Portada

O Xornal do Val Miñor. Baiona, Nigrán, Gondomar

As 115.000 toneladas de lixo radioactivo esquecidas no Atlántico Nordeste

Correo-e Imprimir PDF

Un buque lanza bidóns radiactivos sobre as lanchas de GreenpeaceOs 223.000 bidóns con residuos nucleares lanzados en alta mar ata 1982 non se controlan desde fai dúas décadas, pese ás evidencias de fugas. Os países europeos estudarán en 2014 si é necesario establecer un novo programa de vixilancia

A poucos quilómetros da costa francesa e a só 124 metros de profundidade, un submarino dirixido por control remoto enviado por xornalistas alemáns acaba de atopar dous bidóns con residuos radioactivos lanzados á Canle da Mancha na década de 1950. Os colectores, de orixe belga ou británico, confirman que baixo o Atlántico hai unha bomba de reloxería.

Rafael Lores: “O actual goberno non ten sensibilidade ante os problemas dos veciños e veciñas de Baiona”

Correo-e Imprimir PDF

rafa-loresRafael Lores Rosal – Baiona. Exconcelleiro e voceiro municipal do PSOE, Rafael Lores Rosal é o actual secretario xeral da executiva local da agrupación do PSOE de Baiona. A súa candidatura á alcaldía chega tras a celebración de primarias nas que ademais de afiliados, participaron por primeira vez os simpatizantes socialistas de Baiona.

Estúdase o aproveitamento enerxético das microalgas para biocombustibles e depurar augas.

Correo-e Imprimir PDF
Campos de cultivo de microalgas

O Instituto Enerxético de Galicia (Inega), adscrito a Economía e Industria, desenvolveu o pasado martes 10, na EGAP unha xornada informativa sobre o proxecto europeo EnerBioAlgae no que participa como socio e que se basea no aproveitamento enerxético da biomasa en recursos hídricos degradados ricos en microalgas.

EU procura unha candidatura de converxencia en Baiona e designa a Silvano Montes alcaldable.

Correo-e Imprimir PDF

silvano montes baionaA asemblea local de Esquerda Unida en Baiona, elixiu ao actual coordinador local, Silvano Montes Sánchez, como candidato á alcaldía de Baiona nas próximas eleccións municipais do mes de maio. Tamén se lle encargou establecer contactos con outras forzas políticas, colectivos sociais e persoas independentes, de cara a formar unha candidatura de confluencia no municipio.

A Policía desarticula un grupo con base na área de Vigo que atracaba en vivendas de toda España.

Correo-e Imprimir PDF

Foto-1-atracoSerá recordada como a "banda das perrucas". As utilizaban para camuflaxes nos roubos por todo o Estado. No desenvolvemento das pescudas os axentes observaron que os autores destes delitos residían en Vigo, cidade desde onde se desprazaron para preparar e cometer o roubo en Xixón. Hai 7 detidos, un deles en Madrid, catro en Málaga e dous en Vigo.
Axentes da Policía Nacional desarticularon un grupo especializado en atracos e roubos en vivendas habitadas. Na operación hai sete detidos un deles en Madrid, catro en Málaga e dous en Vigo. Segundo o informe policial, os detidos planificaban os seus futuros obxectivos realizando estudos previos dos lugares de interese e utilizaban disfraces como perrucas, lentes, luvas, caretas ou pasamontañas, ademais de sofisticados dispositivos tecnolóxicos para actuar sen ser detectados. Nunha ocasión, un dos asaltantes fíxose pasar por un repartidor de flores para enganar a unha muller e acceder á súa vivenda en Marbella, de onde os detidos leváronse un botín de 90.000 euros. Nos rexistros realizados recuperáronse xoias, diñeiro, teléfonos móbiles, ademais de armas simuladas, inhibidores de frecuencia, dispositivos informáticos, ferramentas para forzar cerraduras, sistemas ultrasonidos para cans, walkie-talkies e elementos para ocultar a identidade.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL