Martes, 29 Apr. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Portada

O Xornal do Val Miñor. Baiona, Nigrán, Gondomar

O novo goberno municipal de #Gondomar acelera a axenda do PXOM.

Correo-e Imprimir PDF

acordo manhufe"A día de hoxe xa están solicitadas entrevistas coa Coordinadora de Entidades Veciñais de Gondomar, cos responsables do equipo redactor do PXOM, e unha xuntanza concertada para o vindeiro luns cos representantes dos empresarios do Polígono Industrial da Pasaxe", sinala o novo responsable de urbanismo e 1º tenente de alcalde, Xosé Antonio Araújo.

Define A Pasaxe como o "importante pulmón industrial do concello e da comarca", onde, asegura, "segue habendo demanda de empresas para se instalar nel, pero para iso hai que proceder a súa total ordenación e legalización."

Músicos e afeccionados participaron dunha aula maxistral co quinteto de Chris Cheek no Pazo de Pías.

Correo-e Imprimir PDF

Chris-Cheek-quintento-Ás 21 horas dará comezo o Nigranjazz na Foz do Miñor

O Pazo de Pías, en A Ramallosa, acolleu esta mañá unha aula maxistral do quinteto de Chris Cheek, á que asistiron 40 músicos e afeccionados de toda Galicia e incluso de comunidades veciñas como Asturias.

Os comercios da Ramallosa ofrecerán ofertas e saldos durante toda a xornada do sábado. #Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

comerciantes-ramallosaComerciantes da Ramallosa celebran o sábado a súa primeira Noite Aberta e Outlet 

Os establecementos permanecerán abertos ata a media noite e ofrecerán descontos e sorpresas aos seus clientes

 Durante toda a xornada haberá concertos, animación infantil, inchables...

O Concello de Nigrán colabora cos comerciantes de A Ramallosa para celebrar este sábado a súa primeira noite aberta e outlet. Máis dunha decena de tendas situadas nas rúas Damas Apostólicas, Romana Baixa, Manuel Lemos e Camiño de Cabreira ofrecerán aos seus clientes dende as 10 da mañá e ata a media noite descontos especiais durante todo o día, ademais de ofrecerlles bombóns ou champán aos que se animen a entrar aos negocios, que levarán o escaparate ata a zona dos soportais.

Cristian Mota do Rías Baixas finaliza segundo na 3ª etapa da Volta a Toledo

Correo-e Imprimir PDF

Mota-ToledoA exhibición de combatividade do Club Ciclista Rías Baixas na terceira xornada da Volta Ciclista a Toledo estivo a piques de ter premio. Cristian Mota ocupou a segunda posición na liña de meta de Villarrubia de Santiago, tras 141 quilómetros de percorrido con tres ascensións puntuables, dúas delas de primeira. O corredor ponteareano, debutante esta tempada na categoría Élite e Sub 23, só foi superado polo experimentado arxentino Jorge Montenegro (Aluminios Cortizo).

Actuación do grupo Breogán Valle Miñor na Ramallosa

Correo-e Imprimir PDF

pandeiretasO Concello de Nigrán programa este domingo ás 12.00 horas a actuación do grupo de folclore Breogán Valle Miñor na Alameda de San Campio de A Ramallosa.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL