O Concello de Nigrán programa este domingo ás 12.00 horas a actuación do grupo de folclore Breogán Valle Miñor na Alameda de San Campio de A Ramallosa.
A actuación, para a que se instalará un escenario ao aire libre e cadeiras para o público, contará con grupo de gaitas, grupo de baile e pandeiretas.