Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Os comercios da Ramallosa ofrecerán ofertas e saldos durante toda a xornada do sábado. #Nigrán

Os comercios da Ramallosa ofrecerán ofertas e saldos durante toda a xornada do sábado. #Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
comerciantes-ramallosa

Comerciantes da Ramallosa celebran o sábado a súa primeira Noite Aberta e Outlet 

Os establecementos permanecerán abertos ata a media noite e ofrecerán descontos e sorpresas aos seus clientes

 Durante toda a xornada haberá concertos, animación infantil, inchables...

O Concello de Nigrán colabora cos comerciantes de A Ramallosa para celebrar este sábado a súa primeira noite aberta e outlet. Máis dunha decena de tendas situadas nas rúas Damas Apostólicas, Romana Baixa, Manuel Lemos e Camiño de Cabreira ofrecerán aos seus clientes dende as 10 da mañá e ata a media noite descontos especiais durante todo o día, ademais de ofrecerlles bombóns ou champán aos que se animen a entrar aos negocios, que levarán o escaparate ata a zona dos soportais.

Á iniciativa tamén se suman diferentes cafeterías e locais de tapas da zona ofrecendo un “pincho-pote”, é dicir, bebida e pincho especial elaborado para ese día a un prezo popular. O obxectivo da iniciativa é dinamizar o comercio, vender os excedentes de stock e, sobre todo, promocionar os locais comerciais e de restauración da zona.

O Concello se suma a esta idea dun grupo de comerciantes aportando máis animación á rúa para que sexa un día festivo. Así, ás 20.30 haberá concerto da banda de música de San Miguel de Lira e disporá pola mañá (de 11.00 a 13.00 horas) de actividades e manualidades para os máis cativos e de inchables de 18.30 a 21.30 horas. Ademais, ás 21.30 horas terá lugar o espectáculo de maxia da maga Valeria Varitas.

“Queremos apoiar todas as iniciativas que nos suxiran os comerciantes, como foi neste caso, e contribuír con elo dinamizar e promocionar a zona”, destacou Juan González, alcalde de Nigrán, na presentación do evento esta mañá na Ramallosa.