Martes, 29 Apr. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Portada

O Xornal do Val Miñor. Baiona, Nigrán, Gondomar

Unha noite de estrelas con lúa chea

Correo-e Imprimir PDF

Foto: Isidro Macías en RTVE.esComo cada verán, os nosos ceos reciben unha "choiva" moi particular. As populares Perseidas, tamén coñecidas como "bágoas de San Lorenzo", terán o seu máximo de actividade na noite do venres 12 ao sábado 13 de agosto, cando se esperan da orde de 100 meteoros por hora. Con todo, a maior parte destes meteoros non será visible, debido ao brillo da Lúa que estará en fase de Lúa chea.

Para os que non poidan velo, RTVE.es retransmitirá dende a súa web a sinal de video aportada polo Instituto Astrofísico de Canarias.

Os enfermos de cancro comezan a pagar polos medicamentos

Correo-e Imprimir PDF

Conselleira de Sanidade durante unha visita ao futuro hospital de VigoEn menos dunha semana haberá un ámbito máis do sistema de saúde pública no que sexa obrigado pasar por caixa. O 1 de outubro entra en vigor a resolución do Ministerio de Sanidade que instaura o repagamento en corenta e dous fármacos para tratar enfermidades complexas e graves que só se dispensan nas farmacias hospitalarias aínda que os pacientes non estean ingresados. Trátase de medicamentos para tratar tumores de mama, ril ou cerebrais, para facerlle fronte á leucemia ou para tratar doenzas como a artrite reumatoide ou a hepatite. O Goberno central dispón que, de agora en diante, os doentes terán que poñer cartos para poder retiralos e a Xunta xa avanza que asume a medida dende o inicio.

O BNG presenta a súa candidatura ás muncipais de Baiona este domingo en acto público.

Correo-e Imprimir PDF

O Bloque Nacionalista Galego en Baiona realizará un encontro aberto o vindeiro domingo , a partires das doce da mañá no local electoral sito na rúa Caixa de Aforros número 3, no que presentará a súa candidatura para as eleccións municipais de maio.

O alcalde de #Gondomar pide maior coordinación e rapidez nas tarefas ao persoal de obras do Concello.

Correo-e Imprimir PDF

alcalde operarios gondomarO alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, presentou oficialmente á concelleira Iría Lamas, responsable de Infraestruturas e Servizos Básicos no actual goberno. O fixo ante o persoal do departamento con quen mantivo tamén un intercambio a prol de informar dos plans e orientacións que guiarán ao novo goberno neste eido municipal que ocuparase de "obras, iluminación, cemiterio, parques e xardíns", entre outras actividades, segundo dou conta o rexedor.

“Corre, Canceliñas,corre”. Coñece o novo clip da banda miñota Santos Morcegos.

Correo-e Imprimir PDF

clip santosmorcergosPresentouse nas redes o novo vídeo de Santos Morcegos, "Corre, Canceliñas, corre. O tema incluído no EP 7 homónimo é parte do último traballo desta banda de rock instrumental formada en 2008 en A Guarda. Disco conceptual dedicado á figura de "O Cancelliñas", Saturnino Cerezo Cancelas, o home que puxo en xaque aos corpos de seguridade de España e Portugal, actualmente no cárcere.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL