Martes, 29 Apr. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Portada

O Xornal do Val Miñor. Baiona, Nigrán, Gondomar

Incorporáronse tres auxiliares á Policía Local de #Gondomar polos vindeiros 6 meses.

Correo-e Imprimir PDF

foto-auxiliares-gondomarHoxe tivo lugar a presentación dos tres auxiliares que se incorporaron a Policía Local de Gondomar. A presentación acudiu o Alcalde Paco Ferreira, o xefe de policía, e o concelleiro Juan Antonio Gonzalez

O gondomareño Fernando Casás expón na mostra colectiva “en (re) torno á paisaxe” en Pontevedra.

Correo-e Imprimir PDF

fcasasNela veranse obras de Carla Andrade, Vari Caramés, Fernando Casás, Sara Coleman, Iago Eireos, Elena Fernández Prada, Ruth Montiel Arias, Carme Nogueira, Lois Patiño, Pamen Pereira, Jorge Perianes e Manuel Sendón. A mostra está comisariada por Paula Caballero

No marco da mostra terá lugar este xoves 30 de xullo a mesa redonda "Reflexións polifónicas sobre a paisaxe, o territorio e o espazo contemporáneos." Coa participación de Fernando Casás, o fotografo Manuel Sendón e o profesor de historia da arte, Federico López Silvestre. Modera a comisaria da mostra, Paula Caballero

O novo goberno provincial quere desmontar a “política do chapapote” de Louzán en materia de infraestruturas.

Correo-e Imprimir PDF

04-08-infraestruturas originalO goberno provincial procura "democratizar" Infraestruturas, o departamento que funcionaba directamente ás ordenes do anterior presidente, Rafael Louzán (PP) e cuxo orzamentos deixou case esgotados, segundo a nova presidencia. Engaden que o anterior goberno fixo promesas electorais que compormeten os orzamentos durante os vindeiros 7 anos. Todas serán revisadas.

A Deputación quere estender o "modelo Pontevedra" de mobilidade ao resto da provincia. A municipalización de estradas provinciais que non revisten tal carácter será promovida.

O vicepresidente provincial, César Mosquera, asegurou que "rematou a política de chapapote" en materia de Infraestruturas e que a maquinaria do parque só se utilizará para atender vías provinciais

O Concello de #Gondomar pecha o II Campus de fútbol de As Cercas cunha entrega de diplomas.

Correo-e Imprimir PDF

campusFutbolGondomarDucias de cativos e as súas familias participaron xunto cos monitores do peche do II Campus de Fútbol "As Cercas". No acto recibiron de man do alcalde Francisco Ferreira un diploma acreditativo da participación nestas aulas deportivas do verán.

Fornelos reclama achegas aos concellos que reciben auga do embalse de Eiras, entre eles #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

fornelos vigoCangas, Moaña, Nigrán, O Porriño, Redondela, Vigo, e cando é necesario, Baiona consumen a auga potabilizada no embalse de Eiras, en Fornlenos de Montes. Un tratamento que esixe próximo a 2 millóns de euros anuais e para os que este municipio debe aportar 20 mil euros, equivalente ao 1%. O rexedor Emiliano Lage, entende que trátase dun custe desorbitado para o seu concello e que sería xusto que os outros municipios que se benefician de Eiras, contribúan aos gastos. Así fíxoo saber ao rexedor vigués, Abel Caballero, no marcos das reunión que o alcalde vigués está a manter polo tema da Área Metropolitana.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL