Martes, 29 Apr. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Portada

O Xornal do Val Miñor. Baiona, Nigrán, Gondomar

Baiona deixa de ser a sede do IGADI que denuncia "hostilidade institucional do seu alcalde"

Correo-e Imprimir PDF

caixas igadi

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) deixa definitivamente a súa sede en Baiona e trasládase  a Pontevedra. Aseguran que a situación en Baiona fíxose insostible e culpan ao rexedor baionés de "hostilidade institucional".

O Val Miñor volve perder un referente de investigación e análise internacional que tivo o seu xerme na propia comarca.

Operativo permite deter tres mozos como presuntos responsables de roubos en #Baiona e #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Foi no correr desta mañá que un operativo da Garda Civil puido localizar e deter a dous persoas como presuntos autores dun roubo con forza nunha finca de Gondomar. O delito, roubo dun xerador, ferramentas e danos e lesións a dous cabalos, fora denunciado o pasado mes de decembro. No transcurso desta pescuda, o corpo de seguridade tamén puido identificar a un veciño de Baiona como cómplice do delito, quen actualmente atópase ingresado no Centro Penitenciario de A Lama onde cumpre condena.

O BNG esixe unha solución urxente ao problema do transporte público en #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

terminal gondomarO Bloque Nacionalista Galego, "celebra" que o Concello de Gondomar conte cun pacto de goberno "entre grupos políticos saídos das eleccións do pasado 24 de maio, reclámalle ao novo goberno que non demore máis en buscar unha solución ao problema do trasporte público colectivo".

“O que contaron de nós”: A historia contemporánea de Chandebrito narrada en 70 noticias.

Correo-e Imprimir PDF

carlos gomezTrátase dunha selección de máis de 70 noticias da colección persoal de Carlos Gómez, composta por centos de artigos en prensa ordenados cronoloxicamente. A escolma informativa permite un percorrido entre finais do século XIX e todo o século XX coa cobertura dos principais sucesos acontecidos na parroquia de Chandebrito. As noticias escollidas publicáronse entre o ano 1898 e o 1999 en 9 periódicos diferentes do país, 26 delas son anteriores a 1976.

A Xunta convoca as subvencións para gastos de primeira vivenda.

Correo-e Imprimir PDF

vivendas chandeA orde feita pública nesa xornada sinala o destino de 276.300 € para atender as concesións. Contía que anuncian, podería ampliarse. Esta orde ten por obxecto convocar para a anualidade 2015, a través dun procedemento en réxime de concorrencia non competitiva, subvencións destinadas a afrontar os gastos derivados da adquisición, da adxudicación ou da promoción individual de vivenda para uso propio, por parte de persoas que conten co financiamento cualificado do Plan de vivenda e rehabilitación 2009-2012.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL