Martes, 23 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Máis de 400 persoas daranse cita este sábado na “Andaina do Terror” en Parada

Máis de 400 persoas daranse cita este sábado na “Andaina do Terror” en Parada

Correo-e Imprimir PDF
paradaterror

O Concello de Nigrán colabora co Centro Cultural Parada do Miñor para organizar mañá sábado a primeira andaina "O Camiño do Terror" posposta o sábado anterior polo mal tempo e que parte dende o campo de futbito de Parada ás 22:30 horas.

O percorrido, no que haberá sorpresas relativas á temática de terror, discurrirá polos camiños de Montecastelo con parada no Mirador Monte dos Mouros. Está previsto que finalice no mesmo punto de saída ás 01,30 horas.

Hai 400 inscritos, os demais que queiran participar deben anotarse no campo de futbito a partir das 22,30 horas e camiñarán no último grupo, que pode saír pasada a unha da mañá. A inscrición é de 4€ por persoa e inclúe seguro e chocolate con churros. Só se necesita roupa cómoda e unha lanterna. A actividade é para tódolos públicos.