O Concello de Nigrán organiza este xoves a súa segunda xornada de limpeza de especies invasoras no ecosistema dunar de Praia América-Panxón despois de que a anterior fose suspendida polo mal tempo.
Para elo, fai un chamamento a tódalas aquelas persoas voluntarias que estean interesadas en participar.
O punto de encontro é ás nove da mañá na Oficina de Turismo Dunas de Gaifar, ubicada a escasos metros do lugar. A actividade está previsto que dure tres horas e que culmine coa total desaparición de especies foráneas.