Martes, 29 Apr. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Portada

O Xornal do Val Miñor. Baiona, Nigrán, Gondomar

Curso de cestería en palla de centeo na parroquia de Chandebrito

Correo-e Imprimir PDF

cesteria-chandebritoA Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807", consciente do éxito obtido noutras edicións realizadas e co fin de recuperar e poñer en valor un dos oficios tradicionais máis antigos, convoca para esta nova tempada 2015/2016 un curso de cestería tradicional, denominado "Cestería en palla de centeo (III"), coas seguintes características:
-Técnica: cosido en espiral con palla de centeo.

Feira de abril en Baiona

Correo-e Imprimir PDF
Este é o mes no que na comunidade de Andalucía comezan as feiras. Ven primeiro a de Sevilla coa súa feira de abril cheo de corido e ledicia nas xentes que saen a rúa a divertirse e facer gala das súas tradicións. Milleiros de sevillanos e visitantes participan da grande festa da primavera con unha grande mostra de costumes nas que os sevillanos sacan a rúa esa chispa especial que lles ven de antigo e os fai particualrmente únicos, como dí a canción.

Máis de cen futuros técnicos en toponimia rematan a súa formación en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

toponimia-curso-Durante este venres 23 e o vindeiro sábado 24 rematará na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, o I Curso de Formación de Especialistas en Toponimia que formará a máis de cen técnicos de campo.

-Con cento dez persoas matriculadas, o curso desenvolveu as súas anteriores sesións en Vigo (os días 2, 3, 9, e 10 de marzo) e en Pontevedra (23 e 24 de marzo) co obxectivo de formar especialistas na recollida de toponimia, achegarse á metodoloxía e ás ferramentas básicas, aproximarse aos problemas específicos da recollida, coñecer experiencias prácticas e realizar prácticas de campo en distintos concellos.

-Ao remate dos relatorios serán entregados os diplomas acreditativos polo alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, o vicerreitor de Extensión Cultural da Universidade de Vigo, Henrique Costas, o director do IEM, Carlos Méixome e o director do curso Gonzalo Navaza.

Continúa a loita da galega Beatriz Figueroa na defensa dos dereitos dos doentes de cancro.

Correo-e Imprimir PDF

Beatriz-Figueroa-frente-al-"Nin sequera deberiamos suscitarnos este cambio lexislativo, porque a propia Lei Xeral da Seguridade Social xa establece para todos os enfermos que si se está incapacitado para traballar tense que recoñecer esa condición e, derivado diso, recoñecer uns dereitos económicos como é a pensión de incapacidade permanente ben absoluta ou total, revisable durante o período de curación que se sabe pode ser a longo e medio prazo” declaraba, a veciña de Vigo, Beatriz Figueroa, que o martes entregou 378.000 firmas recolleitas coa súa petición no Congreso dos Deputados.

A proposta, que pide sexa aprobada, foi tramitada como proposición non de Lei e proposición de Lei pola deputada do BNG Olaia Fernández Dávila, para unha protección laboral especial para os enfermos de cancro.

15.200 euros de benestar social, para pagar Festa da Terceira idade de Baiona

Correo-e Imprimir PDF

maioresCo nome de "Festa da Terceira Idade" ou "dos Maiores" e cun custe de 15.200 euros detraído das partidas de Benestar Social, celebrouse este mércores esta velada relixioso – social organizada polo concello de Baiona onde figuran  empadroados 2.139 persoas maiores de 65 anos, mais de esta "papatoria" só se benefician 600 persoas.

Popularmente os veciños a chaman a festa "dos vellos" ou "do Chicho", polo alcalde que a organizou por primeira vez hai máis dunha década e media. A súa estrutura pre-democrática, con oficio relixioso como punto de partida, mantense inmodificable a pesar dos novos tempos.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL