Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Cartas Feira de abril en Baiona

Feira de abril en Baiona

Correo-e Imprimir PDF
Este é o mes no que na comunidade de Andalucía comezan as feiras. Ven primeiro a de Sevilla coa súa feira de abril cheo de corido e ledicia nas xentes que saen a rúa a divertirse e facer gala das súas tradicións. Milleiros de sevillanos e visitantes participan da grande festa da primavera con unha grande mostra de costumes nas que os sevillanos sacan a rúa esa chispa especial que lles ven de antigo e os fai particualrmente únicos, como dí a canción. Logo virá o Rocío en Huelva, e despois, xa en maio, a feira de Córdoba coa festa das Cruces. Outravolta nas rúas cordobesas balbordo e trafego de xentes con traxes típicos e moita música e baile. Un pobo que celebra ás súas tradicións e festexa con ledicia na rúa o seu sentimento e sinais de identidade. Como ten que ser e, como por outra parte, se fai en todo o mundo.

Baiona, abril 2008. Programase a 1º Feira de abril . Nada que obxectar. Ou... si. Ímos ver polo miúdo.

Hai en Baiona unha grande colonia de andaluces? Son moitos os emigrantes andaluces en Baiona e pedíronlle ao concello que gaste uns euros en axudarlles a celebrar unha festa moi importante para eles?. Se así é, nada que obxectar. Os galegos sabemos o que é estar lonxe da terra e sentir a morriña no peito. Agora ben, cando escoitamos e lemos o orzamento que o concello de Baiona adica a cultura en todo o ano entranos unha dúbida: vaise a potenciar e facer que as costumes tradicionais do noso pobo se celebren e non se perdan, como fan os andaluces coas súas? Vai chegar ese diñeiro para axudar a tódalas asociacións que fan e promoven actos culturais en Baiona?. Dícimos a todas, non só as que son amigas ou fan exclusivamente o que lle gosta ao equipo de goberno. Dúbido moito visto o que estamos a ver no funcionamento do concello , mais gostaríame que así fose e todo o mundo tivese a súa axuda e colaboración, xa que o concello, polo que estamos a notar, só valora e potencia festas que teñen que ver con outros pobos e países.

Calquera que chegue a Baiona de visita pode ver moitas referencias ao descobremento de America, mais moi poucas referidas a súa historia e importancia, que a tivo, ao longo dos séculos.
Que poida ver como un pobo mariñeiro sobreviviú e foi quen de andar ao mar por tódolos oceanos do mundo - é aínda andan moitos dos seus fillos, excelentes patróns e navegantes-, pola ría e a costa atlántica . Calquera pobo mariñeiro hoxe en día está a recuperar as súas vellas embarcacións, os seus costumes, os oficios, a língua e nomes do mar... a súa historia que se perde na memoria dos vellos que están, por desgraza, desaparacendo sen que ninguén lles preste a atención que merecen e recolla as súas testemuñas vitais. Se repasamos a nosa costa de norte a sur, todos os pobos están a gardar a súa memoria, xa sexa coa axuda de asociacións privadas, xa coa de institucións e concellos.


Qué pasa en Baiona? Qué ten que pasar para que desperten do seu sono os veciños de Baiona? Con tódolos respectos para eses homes e mulleres, que os hai, que se sinten moi orgullosos de ter nacido mariñeiros e ven como se perde o seu. É lei de vida, mudan os tempos, estamos de acordo neso, pero tamén pasa o mesmo noutros lugares e respectase máis as tradicións populares e o amor polo mar, amigo e enimigo, fonte do sustento e de desgrazas. Polo que nos define como pobo, a nosa fala, os nosos costumes e tradicións máis antigos, non só os dos últimos cincoenta anos que nos foron impostos por un goberno golpista e ilegal que nos oprimiú e nos privou do dereito a ser nós mesmos.


Aí ven o maio de flores cuberto.... dicía o poeta.

Aí ven o día das letras galegas, a festa e celebración do mes das nosas letras e de reivindicación da nosa língua. ¡Pobo de Baiona, aí ven o maio. !

Polo de agora estamos en abri,l e si por min fora convertiría este mes no do refrán modificado: EN ABRIL, GAITERIOS MIL.
E, por suposto, moitas felicidades e parabéns para os amigos sevillanos que son quén de sentir o orgullo do seu pobo e o manifestan públicamente sempre e en todo lugar. Case igual que os galegos. Ou non?