O Manifesto Miñor presentou no rexistro dos concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar unha instancia para que os tres concellos coloquen nun lugar visible, xunto ao resto de bandeiras, e durante o prazo dunha semana, do 28 de Xuño o 5 de Xullo, a bandeira multicolor, representativa do movemento LGTBI que agrupa á comunidade gai, lésbica, bisexual e transexual.
O Xornal do Val Miñor. Baiona, Nigrán, Gondomar
Manifesto Miñor propón medidas de apoio ás reivindicacións dos dereitos da comunidade gai.
Homenaxe ás vítimas da represión franquista en San Simón
O reclamo de xustiza e non esquecemento para as vítimas da ditadura franquista uniu a máis de 400 persoas este domingo no antigo campo de concentración da illa de San Simón. Convocados polas asociacións reunidas na Iniciativa Galega pola Memoria, participaron dun acto, este ano inspirado na lembranza das persoas exiliadas por causa da represión. A xuntanza, cun fondo carácter tamén emotivo, contou coa testemuño de Darío Rivas, quen aos 94 anos lidera a querela na Arxentina contra os responsables do xenocidio iniciado en 1936, entre cuxas vítimas atópase seu pai, alcalde de Castro Rei executado por falanxistas.
#Gondomar pecha o campamento de verán que congregou a 100 cativos do concello.
-No campamento, que se desenvolveu durante o mes de xullo, participaron 100 menores de entre 3 e 12 anos.
O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e a conceleira de Igualdade, Nuria Lameiro acompañados tamén da concelleria Iria Lamas, clausuraron esta mañá, no CEIP Chano Piñeiro, o Gondoverán, o campamento de lecer e tempo libre no que participaron 100 cativos de entre 3 e 12 anos, durante todo o mes de xullo. Nesta última xornada do Gondoverán celebrouse unha gran festa chea de xogos e diversión.
Aberto o prazo para participar no certame da XI Bienal de Pintura Eixo Atlántico
A organización transfronteiriza Eixo Atlántico abriu o prazo para que artistas de Galicia e Norte de Portugal poidan inscribirse coas súas obras pictóricas no Premio Eixo Atlántico e participar na Bienal de Pintura, que alcanza este ano a súa XI edición. Desde o seu nacemento en 1995, a mostra consolidouse como a única e máis antiga exposición de pintura de carácter itinerante entre dous países europeos así como unha das tres máis importantes da Península Ibérica.
O Club Ciclista Rías Baixas volveu rozar a vitoria na última etapa da Volta a Toledo
Espectacular desenlace da Volta Ciclista a Toledo co Club Ciclista Rías Baixas quedándose de novo co mel nos beizos. Samuel Rodríguez e José Manuel Gutiérrez formaron parte da escapada de nove corredores que provocou un terremoto nos primeiros postos da xeral. O ponteareno terminou terceiro e o cántabro sexto na liña de meta de Zocodover, onde a Fundación Euskadi asinou un dobrete na etapa e na clasificación final. O conxunto de Nigrán foi o segundo mellor equipo da xornada.
Máis artigos...
- #Baiona dá a coñecer as bases da convocatoria para axudas de apoio á infancia.
- O goberno socialista de Nigrán presenta acordo reclamando a derrogación da concesión do novo hospital.
- O Concello de Nigrán organiza unha xornada de limpeza de especies invasoras nas dunas de Panxón.
- #Baiona : Os rescates millonarios dos aparcadoiros privatizados comprometen o seu futuro económico
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL