Venres, 6 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán Decide propón dar acollida a refuxiados da guerra de Siria na Residencia de Tempo Libre de Panxón.

Nigrán Decide propón dar acollida a refuxiados da guerra de Siria na Residencia de Tempo Libre de Panxón.

Correo-e Imprimir PDF
refugiadaSiria

Anuncian que van presentar unha moción para que o Pleno do Concello de Nigrán inste á Xunta de Galicia a que coordine unha acollida temporal nas instalacións da Residencia de Tempo Libre de Panxón.

Lembran que este recinto permanece pechado durante varios meses do ano.

Propón ao resto das agrupacións municipais "ser partícipes desta iniciativa".

Entenden que "actualmente son centos de miles as persoas que fuxen desta guerra, especialmente nenos e nenas que non teñen culpa ningunha. A única "culpa" que teñen é nacer nun país onde as grandes potencias están favorecendo unha guerra na defensa dos seus intereses xeoestratéxicos. Esta situación está causando unha grave crise humanitaria nas fronteiras da Unión Europea", sinalan.

Reciprocidade
Engaden que a aprobación desta moción e a súa execución por parte da Xunta de Galicia "sería un profundo xesto de solidariedade que debemos mostrar, do mesmo xeito que hai 80 anos moitos países acolleron aos refuxiados que fuxían da guerra do 36, algúns deles veciños de Nigrán".

Sinalan que non sería esta a primeira vez que a Residencia de Tempo Libre de Patos acollería persoas refuxiadas, "pois na década de 1980 permaneceron nela durante un tempo refuxiados vietnamitas".