A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Baiona organiza unha serie de Obradoiros de iniciación ao traballo en coiro, totalmente gratuítos para mozos e mozas ata os 35 anos. O material está incluído na actividade.
Sociedade
Obradoiros de iniciación ao traballo en coiro no concello de Baiona.
Mercado Solidario inaugura a feira de artesanía, arroupado por empresas colaboradoras
Mercado Solidario reunirá en Tui aos representantes das súas seis asociacións e a responsables das empresas colaboradoras de Ascensores Enor, A Rosaleira, Hidromiño e Talaso Atlántico.Este acto inaugura unha nova etapa de Mercado Solidario, ao contar por primeira vez con financiamento privado, permitindo a optimización dos seus recursos e unha maior cobertura na dotación de apoios a persoas con discapacidade, coa mellora da calidade de vida e normalización deste colectivo.
Os campamentos de Verán da Xunta acollerán a 300 fillos e netos de galegos na diáspora.
A Secretaría Xeral da Emigración ven de realizar o sorteo das prazas que corresponden a fillos e netos de emigrantes galegos no exterior nos Campamentos de Verán que organiza a Dirección Xeral da Xuventude. A listaxe completa pode consultarse no portal web da Secretaría, www.galiciaaberta.com
Os Bolechas traballan co CEMMA na conservación do medio mariño
Esta mañá, martes día 10, presentouse no Colexio infantil de Barciela, Vilaboa, o libro: OS BOLECHAS QUEREN SABER COMO SON OS CETÁCEOS DA NOSA COSTA, realizado polo ilustrador Pepe Carreiro. O traballo foi exposto mediante un audiovisual polo responsable das accións de educación ambiental en Galicia do proxecto LIFE+INDEMARES (http://www.indemares.es/) e presidente de CEMMA, o biólogo Alfredo López. Os nenos e nenas participantes da actividades gustaron da historia e das personaxes e durante as preguntas fixeron especial mención ao arroaz Gaspar, que moitos deles coñeceron persoalmente. No centro quedou unha colección de libros e carteis editados no ámbito do proxecto, para uso nas actividades docentes.
Curso "Ocio e tempo libre na enfermidade mental"
A Concellería de Xuventude e Voluntariado de Nigrán organiza un curso de "Ocio e tempo libre na enfermidade mental" dirixido a tódalas persoas con formación sociosanitaria que estean interesadas en programas de apoio á rehabilitación psicosocial de persoas afectadas por trastorno mental. Neste curso se abordarán aspectos básicos da enfermidade mental, da ergoterapia e outras actividades terapéuticas a traballar dentro de programas de ocio e tempo libre.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL