![4428 animais mairños varados contabiliza a CEMMA dende 1990 nas costas galegas. 4428 animais mairños varados contabiliza a CEMMA dende 1990 nas costas galegas.](/images/resized/images/stories/canais/sociedade/tonia-cemma2010_180_200.jpg)
As costas de Galicia atópanse en plena tempada de chegada de varamentos de animais mariños. Por iso a Coordinadora para o Estudo dos Mamífero Mariños (CEMMA) fai un chamado á poboación para que comunique a presenza de calquera especie mariña viva varada nas praias. A organización fai fincapé nos lobos mariños e arroaces que poden acercarse á costa. O teléfono de emerxencias 112 SOS Galicia está dispoñible as 24 horas para dar aviso e a chamada é totalmente gratuíta.