Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

O Concello de Baiona abre inscricións para curso de monitor de lecer e tempo libre.

Correo-e Imprimir PDF

As persoas interesadas en realizar o cursos de Monitor/a de Lecer e Tempo libre poderán realizar a correspondente matrícula a partir deste 1 de xuño e estará aberta ata o 27 de xuño. Esta actividade formativa está organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Baiona, en colaboración coa FEMP e o INJUVE. O curso está homologado pola Xunta de concello_baionaGalicia, e consta dun total de 350 horas, desglosadas das seguinte forma: 200 h. teóricas e 150 h. prácticas. Estas últimas realizaranse en diferentes entidades e empresas do sector do lecer e o tempo libre.

Abren inscricións para a V Edición do Torneo Escolar de Tenis 2011 de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

pelota_tenisO próximo 11 de xuño celebrarase a V Edición do Torneo Escolar de Tenis 2011, no Pavillón de Deportes Municipal de Baiona. As categorías participantes serán as de Benxamín mixto (nacidos en 02-01) e Alevín mixto (nacidos en 99-00) e Infantil mixto (nacidos 97-98), e a data limite de inscrición será o vindeiro domingo 5 de xuño.

Ábrense as inscricións para nenas e nenos aos campamentos urbanos de verán no Concello de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

concello_baionaA partir do vindeiro mércores 1 de xuño de 2011, a Concellería de Xuventude do Concello de Baiona abre o prazo de inscrición no tradicional Campamento Urbano, para nenos e nenas de 5 a 12 anos, en dúas quendas diferentes:

A 5ª Concentración de Vehículos Clásicos Val Miñor iniciarase cun percorrido Gondomar - Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

2-concentracion-vehiculos-antiguos--clasicos-y-deportivos-007O Club de Clásicos e Populares Val miñor organiza o domingo 29 de maio a 5ª Concentración de Vehículos Clásicos do Val Miñor, coa participación de máis de 120 vehículos, todos eles con máis de 25 anos. A Concentración realizarase inicialmente na Praza de San Benito de Gondomar, onde irán chegando os vehículos participantes entre as 09:00 e as 10:30 horas.

A Fundación Menela organiza o Congreso "Repensar o autismo" con actividades en Vigo e Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

congreso-repensar-autismo-menelaAspectos médicos, laborais e sociais das persoas con trastornos do espectro do autismo, serán analizados, debatidos e divulgados durante o Congreso "Repensar o Autismo" que organiza a Fundación Menela. O evento contará de dúas partes, unha xornadas de "Portas Abertas", onde se darán a coñecer os servizos que presta a Fundación Menela, entidade sen ánimo de lucro, constituída en 1989 e declarada benéfico asistencial e de interese galego pola Xunta de Galicia. Por outra banda o propio Congreso "Repensar o Autismo", que abordará, a través de conferencias e mesas redondas, cuestións tan relevantes como diagnóstico, atención temperá, programas psicoeducativos, servizos de atención sanitaria, tutela, e servizos residenciais.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL