Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

Recollida de alimentos para aliviar os campamentos no Sahára atrapados pola guerra de Libia.

Correo-e Imprimir PDF

saharaA Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharahuí inicia unha campaña de recadación de alimento básicos co obxectivo de achegarllos aos campamentos de refuxiados saharauís que atravesan por unha crítica situación. Segundo informan dende a organización solidaria a guerra en Libia provocou a volta aos campamentos de miles de mozas e mozos acollidos por este país para que estudaran nel. "Isto supón un aumento de bocas que alimentar, cando xa tiñan carencias abondo. Polo que se agravou a situación", advirten.

Nais e Pais Separados solicitan a Xunta incluír a custodia compartida en caso de ruptura de parella.

Correo-e Imprimir PDF
A Asociación de Nais e Pais Separados na xuntanza co conselleiro Alfosno Rueda.

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, mantivo onte un encontro cos representantes da Asociación Galega Nais e Pais Separados, que lle trasladaron a posibilidade de incluír  como prioritaria a custodia compartida en caso de ruptura da parella, un dos asuntos que é obxecto de estudo por parte dun dos grupos de traballo da Comisión de Dereito Civil. Rueda segue ca rolda de contactos para abordar a reforma da lei do dereito civil de Galicia, que deu comezo o pasado día 11 de abril co encontro coa secretaria da Muller e de Políticas de Igualdade de Comisións Obreiras, Mabel Pérez, e posteriormente o día 18 de abril, cos representantes da asociación Custodia Compartida en Galicia xa!, Jesús Orois e Alberto Díaz, que reclaman a custodia compartida coma opción preferente ante situacións de separación ou divorcio.

Nigrán organiza o II Obradoiro de sexualidade e erótica femenina.

Correo-e Imprimir PDF

obradoiro_eroticaA Concellería de Igualdade de Nigrán organiza un obradoiro onde convoca ás mulleres a aceptar a súa sexualidade como “un feito positivo e consustancial”, orientado a “fomentar actitudes positivas, reflexivas e abertas” entorno á relación co seu corpos. A actividade ten por lema “Xogando apréndese: Sexualidade e Erótica Feminina”, sendo o segundo obradoiro destas características organizado polo Concello. O mesmo terá lugar mañá venres ás 19:30 horas no Centro Antena de Nigrán, Rúa Otero Pedrayo, 52.

O próximo 26 e 29 de abril O IGADI participará na Rede Europea de Reflexión Xeopolítica

Correo-e Imprimir PDF

europaO Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), participará entre o próximo 26 e 29 de abril na Illa do Pensamento de San Simón (Ría de Vigo), nas xornadas “Por unha Xeopolítica Europea”, coa finalidade de formalizar a creación dunha Rede Europea de Reflexión Xeopolítica, que terá a súa sé permanente na illa de San Simón.

Nigrán: Curso “Voluntariado para traballar a igualdade entre sexos dende o teatro”

Correo-e Imprimir PDF

VOLUNTARIADO-cartel-curso-2011Está aberto o prazo de inscrición para o curso de voluntariado solicitado pola Concellaría de Xuventude e Voluntaríado de Nigrán dentro do Plan de Formación de Voluntariado Galego da Xunta de Galicia. Dirixido a tódalas persoas interesadas no tema, preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL