Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

Cultura de Nigrán promove unha exposición colectiva do pasado recente: Faiado da Memoria.

Correo-e Imprimir PDF

faiado_2O Concello de Nigrán a través da Concellería de Cultura quere recuperar un pedaciño do noso pasado máis recente e recuperar as imaxes que conformaron e deron forma á bisbarra durante o século XX. Lembranzas agochadas en fotografías que permanecen gardadas nos arquivos de cada cas. Dende o Concello de Nigrán queren que eses instantes sexan compartidos por todos os veciños: fotos da escola, de vodas, de festas, de traballo, etc para conformar unha exposición que amosará o pasado do noso pobo e das nosas xentes a través dunha exposición e mais un documental, parte do proxecto "Faido da Memoria".

Inscricións abertas para clases na Escola de Teatro do Concello de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

casadaculturaA Concellería de Xuventude fai unha convocatoria para mozas e mozos de 12 a 30 anos para inscribirse na Escola de Teatro do Concello de Gondomar. As clases serán tódolos martes a partir de marzo en horario de 18:30 a 20:30 horas. O período de inscrición finalizará o vindeiro 25 de febreiro.  Máis información na OMIX de Gondomar, na Casa da Cultura, no teléfono 986 369 746 e no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

A Asociación Avelaíña procura a solidariedade do Val Miñor: “O teu nome tamén pode estar aquí”

Correo-e Imprimir PDF

cartel_avelainaA Asociación Avelaíña, de Axuda a Persoas con Enfermidade Mental, anuncia o inicio esta semana da campaña “O teu nome tamén pode estar aquí” no Val Miñor. A mesma ten como finalidade contribuír a reducir o estigma que sofren as persoas afectadas por problemas de saúde mental, informa a organización. Rafael Álvarez Martínez, xerente de Avelaíña, explicou que a enfermidade mental se considera actualmente, no só un problema de saúde que afecta a unha de cada catro persoas en España, sino, que ao mesmo tempo, ten un importante compoñente social, pola “incapacidade laboral que causa e porque leva unha condena de discriminación cara a la persoa enferma e aos seus familiares”. Outro dos obxectivos que se persigue con esta campaña, es a captación de socios, “como una estratexia de maior implicación da poboación do Val Miñor, cara ao colectivo de persoas afectadas, e de apoio as súas posibilidades de inclusión social” informaron.

Aberto o prazo de inscripción nos cursos de lingua galega en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Os interesados nos cursos CELGA de galego deberán inscribirse antes do 23 de febreiro.

O concello de Gondomar xunto coa Consellería de Presidencia organizará cursos de lingua galega, niveis Celga 2 - 4, equivalentes os antigos graos de iniciación e perfeccionamento da lingua galega. Estes cursos, de 75 horas lectivas cada un, levaranse a cabo no mes de abril no Centro de Desenvolvemento Local de Gondomar en horario de 19’30 a 22’00 horas.

Cursos oficiais de galego no Concello de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
Cursos oficiais de galego no Concello de Nigrán.

O Concello de Nigrán en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia porá en marcha cursos oficiais de galego cunha duración prevista de 75 horas cada un. Estás accións formativas están abertas participación de todas aquelas personas interesadas en adquirir coñecementos actualizados do noso idioma ou mellorar os xa existentes. Para facilitar a participación do maior número de personas os cursos teñen varios niveis de dificultade, que van dende a iniciación ao galego ata o seu perfeccionamento.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL