Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

Especialistas de Greenpeace presentan en Nigrán a charla "O que deberías saber dos transxénicos".

Correo-e Imprimir PDF
tranxenicosOs tranxénicos, a modificación xenética dos organismos e as súas consecuencias socias e medioambientais serán o tema da charla "O que deberías saber dos transxénicos". O informe estará a cargo de especialistas en ecoloxía da Asociacións Ecoloxistas Infotransxénicos de Tui e Greenpeace, e organizado pola Plataforma Galega Antitransxénicos.

A Concellaría de Xuventude de Nigrán abre inscricións para un Obradoiro intensivo de cine.

Correo-e Imprimir PDF

Diapositiva1A partir do 5 de abril, a Concellaría de Xuventude de Nigrán desenvolverá un obradoiro de realización de cine, impartido polo realizador Franco Tedesco e a realizadora Ana Schiuma. Este taller fará un profundo percorrido por tódolos aspectos e etapas indispensables no proceso do rodaxe: dende o guión, planificación, preprodución, produción, dirección, rodaxe, montaxe e distribución. O taller está deseñado dende unha perspectiva práctica coa conseguinte realización dunha curtametraxe o final do curso. Non é preciso experiencia previa.

Inscricións abertas para curso monográfico de contacontos no OMIX Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

casadaculturaPalabra, voz e xesto, son as tres ferramentas que os contacontos ben perfeccionando de xeración en xeración no deleite e mantemento da cultura oral do país. A Oficina de Xuventude de Gondomar ofrece a todos aqueles interesados neste arte eque teñan entre 18 e 40 anos, a participar dun curso monográfico que se impartirá en seis sesións formativas no mes de abril.

Espazo Lectura recolle en Lugo o premio Fernández del Riego e celebra a súa asemblea xeral

Correo-e Imprimir PDF

rincon-infantil-gondomarO sábado 12 de marzo a directiva de Espazo Lectura desprázase a Lugo para asistir á Noite da Edición, a gala na cal a Asociación Galega de Editores (AGE) outorgará os Premios da Edición 2010, entre os que se atopa o de libro do ano ou o de mellor autor do ano 2010 en Galicia. Durante a gala, Espazo Lectura recollerá o Premio Fernández del Riego á mellor iniciativa do ámbito do libro de 2010, galardón que o gremio de editores fixo público o mes de febreiro pasado.

Aberto o prazo para a reserva de praza na Escola Infantil de Baiona

Correo-e Imprimir PDF

concello_baionaO Concello de Baiona informa das datas en que se pode realizar a pre inscrición para optar aos servizos da Escola Infantil municipal "Galiña Azul". Para os novos usuarios iníciase o 22 de marzo e finaliza o 16 de abril. Polo que respecta á reserva de praza para os fillos e fillas das traballadoras das Escolas Infantís ou para os irmáns ou irmás de alumnos que xa estean nos centros, o prazo será do 9 ao 21 de marzo.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL