Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade A Concellaría de Xuventude de Nigrán abre inscricións para un Obradoiro intensivo de cine.

A Concellaría de Xuventude de Nigrán abre inscricións para un Obradoiro intensivo de cine.

Correo-e Imprimir PDF
Diapositiva1

A partir do 5 de abril, a Concellaría de Xuventude de Nigrán desenvolverá un obradoiro de realización de cine, impartido polo realizador Franco Tedesco e a realizadora Ana Schiuma. Este taller fará un profundo percorrido por tódolos aspectos e etapas indispensables no proceso do rodaxe: dende o guión, planificación, preprodución, produción, dirección, rodaxe, montaxe e distribución. O taller está deseñado dende unha perspectiva práctica coa conseguinte realización dunha curtametraxe o final do curso. Non é preciso experiencia previa.

Haberá unha etapa de nivelación onde todo o alumnado poderá alcanzar os coñecementos adecuados para embarcarse nesta aventura de cine. Persoas destinatarias: a partir dos 16 anos (terán prioridade as persoas de Nigrán). Prazas limitadas : mínimo 10, máximo 25. Lugar: “Centro Antena” de Nigrán, c/Otero Pedrayo, 52. Inicio: 5 de abril. Duración: 6 meses. Horario: tódolos martes e xoves de 19,00h a 21,00h. Inscrición: gratuíta a través do correo: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo . Máis información no propio Centro Antena, ou chamando al teléfono 661701646 , tamén no blog tallerintensivodecine.blogspot.com.