O Concello de Nigrán abre as inscricións para os cursos de verán da Escola Municipal de Tenis ata o vindeiro 28 de xuño.Os cursos están dirixidos a nenos e mozos entre 5 a 18 anos. As clases impartiranse no mes de xullo , tres veces por semana cunha duración de 45 minutos.
Sociedade
Apertura de inscricións para os cursos de verán da Escola Municipal de Tenis de Nigrán.
1ª Travesía de Paddle - Surf Praia América Baiona.
Prado Surf Club organiza a primeira travesía de Paddle-Surf de Galicia, que se celebrará o vindeiro domingo 19 de xuño entre Praia América (Nigrán) e Santa Marta (Baiona). O prazo de inscrición desta modalidade hawaiana de surf con reo, na que colaboran o Concello de Nigrán e o de Baiona, pecha o prazo de inscrición este xoves 16 de xuño. Esta é a primeira travesía de Paddle-Surf que se organiza nas costas galegas, puntuable no Circuíto Nacional de Paddle-Surf.
Inscricións abertas para os campamentos de verán na Parroquia de Vilaza.
Está aberto o prazo de inscrición para os Campamentos de Verán do Centro Cultural O Castelo da parroquia de Vilaza (Gondomar). As actividades desenvolveranse entre as 8:30 ás 14:30 horas cun programa deseñado polo equipo Rey Midas.
O V Torneo de Tenis Concello de Baiona contou coa participación de máis de 90 escolares.
Máis de 90 escolares dos concellos de Baiona, Nigrán, Gondomar, A Garda, Tui e Vigo participaron do V Torneo de Tenis Concello de Baiona. O evento celebrouse nas instalacións do colexio público do CEIP Covaterreña e no Pavillón Municipal, o pasado sábado 11 de xuño. A organización a cargo da Concellería de Deportes salientou o notable melloramento do nivel de xogo e sinalou que iso amosa o froito do traballo anual dos clubs e escolas municipais.
O Club Baloncesto Baiona pecha a tempada 2010 - 2011 cunha comida e moitos palmares.
Coincidindo coa disputa da final de copa da tempada 2010 - 2011 do equipo infantil masculino do Club Baloncesto Baiona, o vinderio domingo 12 de xuño, celebrarase unha comida con tódala familia deportiva e social do club. A mesma desenvolverase no Pavillón Municipal de Baiona.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL