Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade O Club Baloncesto Baiona pecha a tempada 2010 - 2011 cunha comida e moitos palmares.

O Club Baloncesto Baiona pecha a tempada 2010 - 2011 cunha comida e moitos palmares.

Correo-e Imprimir PDF
baloncesto-baiona

Coincidindo coa disputa da final de copa da tempada 2010 - 2011 do equipo infantil masculino do Club Baloncesto Baiona, o vinderio domingo 12 de xuño, celebrarase unha comida con tódala familia deportiva e social do club. A mesma desenvolverase no Pavillón Municipal de Baiona.

A dita comida asistirán xogadores, pais, patrocinadores e xunta directiva que farán repaso dunha tempada de xeito "dura polas dificultades económicas pero moi satisfactoria polo rendemento deportivo e social" expresan dende a directiva, xa que se mantiveron baixo a estrutura do club "máis de 200 xogadores con 14 equipos federados e o deporte escolar onde se coordinan as escolas de Baloncesto dos colexios de Baiona, Mallón (Nigran) e Donas (Gondomar)).

Dentro dos logros deportivos do Club Baloncesto Baiona nesta tempada salientan o campionato de Liga autonómica obtido polo equipo eénior feminino. Praza de ascenso á Liga Nacional. O sénior masculino autonómico logrou un ano máis a súa permanencia en liga Autonómica. Campioas de liga o equipo infantil feminino. A xogadora Raquel Gómez Sandra do equipo infantil feminino xogou e representou a Galicia no Campionato de España de Baloncesto.

Con este acto o club dá case por pechada a súa presente tempada á espera de pequenas viaxes e torneos que ten en desenvolvemento par a finalizar a mesma. Aproveitarase para facer entrega dos recoñecementos públicos a deportistas, socios, patrocinadores e técnicos polo seu traballo realizado durante a presente tempada así como dos sorteos entre socios dos moitos agasallos que os patrocinadores doaron para a celebración da festa de despedida do presente ano deportivo.