Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade O V Torneo de Tenis Concello de Baiona contou coa participación de máis de 90 escolares.

O V Torneo de Tenis Concello de Baiona contou coa participación de máis de 90 escolares.

Correo-e Imprimir PDF
v_torneo_tenis_baiona_almuia

Máis de 90 escolares dos concellos de Baiona, Nigrán, Gondomar, A Garda, Tui e Vigo participaron do V Torneo de Tenis Concello de Baiona. O evento celebrouse nas instalacións do colexio público do CEIP Covaterreña e no Pavillón Municipal, o pasado sábado 11 de xuño. A organización a cargo da Concellería de Deportes salientou o notable melloramento do nivel de xogo e sinalou que iso amosa o froito do traballo anual dos clubs e escolas municipais.

A festa deportivo rematou coa entrega de obsequios a tódolos participantes, sorteo de raquetas e a entrega de trofeos aos vencedores das distintas categorías. O sistema de competición utilizado nesta edición permitiu que cada escolar xogase al menos dous partidos no torneo, a fin de incentivar a participación dos rapaces.

O cadro de gañadores das distintas categorías.

Infantil Mixto Cadro Eliminatorio:

1º Diego Meijide (Colexio Estudio) 2º Leandro Barbosa (Colexio Estudio).

Infantil Mixto Cadro de Consolación:

1º Sergio Sanroman (IES 1º de Marzo) 2º Lázaro Pereira (IES Auga da laxe).

Alevín Mixto Cadro Eliminatorio:

1º Jorge González (Colexio Covaterreña) 2º Javier Domínguez (Colexio Estudio).

Alevín Mixto Cuadro de Consolación:

1º Sofía Bancoff (Colexio Divino Salvador) 2º Beatriz López (Colexio Covaterreña).

Benxamín Mixto Cadro Eliminatorio:

1º Alejandro Hernández (Colexio Estudio) 2º Simón Pereira (Colexio Mosteiro Membrive).

Benxamín Mixto Cadro de Consolación:

1º Victor Estévez (Colexio Chano Piñeiro) 2º Diego Sánchez (Colexio Vigo).