Luns, 6 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Ábrense as inscricións para nenas e nenos aos campamentos urbanos de verán no Concello de Baiona.

Ábrense as inscricións para nenas e nenos aos campamentos urbanos de verán no Concello de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
concello_baiona

A partir do vindeiro mércores 1 de xuño de 2011, a Concellería de Xuventude do Concello de Baiona abre o prazo de inscrición no tradicional Campamento Urbano, para nenos e nenas de 5 a 12 anos, en dúas quendas diferentes:

Quenda do 15 ao 29 de xullo

Quenda do 1 ao 12 de agosto

O horario da actividade será de luns a venres de 10:30 a 13:30h, sendo o número de prazas limitadas, e a inscrición totalmente gratuíta.

Algunhas das actividades que se van a desenvolver nestes campamentos son: xogos populares, xogos de habilidade social, rutas culturais polo contorno, educación vial, gyncanas urbanas, rutas de sendeirismo, xogos de orientación, obradoiros con material de refugallo, ect...

Máis información na Oficina Municipal de Información Xuvenil Concello de Baiona ou no teléfono: 986.38.59.25