Luns, 6 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade A Fundación Menela organiza o Congreso "Repensar o autismo" con actividades en Vigo e Nigrán.

A Fundación Menela organiza o Congreso "Repensar o autismo" con actividades en Vigo e Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
congreso-repensar-autismo-menela

Aspectos médicos, laborais e sociais das persoas con trastornos do espectro do autismo, serán analizados, debatidos e divulgados durante o Congreso "Repensar o Autismo" que organiza a Fundación Menela. O evento contará de dúas partes, unha xornadas de "Portas Abertas", onde se darán a coñecer os servizos que presta a Fundación Menela, entidade sen ánimo de lucro, constituída en 1989 e declarada benéfico asistencial e de interese galego pola Xunta de Galicia. Por outra banda o propio Congreso "Repensar o Autismo", que abordará, a través de conferencias e mesas redondas, cuestións tan relevantes como diagnóstico, atención temperá, programas psicoeducativos, servizos de atención sanitaria, tutela, e servizos residenciais.

As Xornadas de Portas Abertas terán lugar os días 31 de maio, 1 e 2 de xuño de 2011 no Edificio CAMI, CEE Menela e Centro CASTRO NAVÁS, respectivamente, centros e servizos dos que é titular a Fundación Menela. O Congreso “Repensar o Autismo” celebrarase os días 3 e 4 de Xuño de 2011 no Auditorio do Centro Social Novacaixagalicia da cidade de Vigo.

O Congreso está organizado pola Fundación Menela, có patrocinio da Xunta de Galicia e en colaboración coa Universidade de Vigo, Alcaldía de Vigo e Concello de Nigrán.