Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Chamado ás familias miñoranas para acoller nenos saharauís durante o verán 2011.

Chamado ás familias miñoranas para acoller nenos saharauís durante o verán 2011.

Correo-e Imprimir PDF
sahara_0006
admin_sahara
blog_desierto_sahara
nino-saharaui
sahara-12-06-8
  • Anterior
  • 1 of 5
  • Seguinte

A organización Solidariedade Galega co pobo Saharauí fai un chamado a familias do Val Miñor interesadas en acoller a nenas e nenos do Sahara. Como tódolos anos uns 500 rapaces de entre 7 e 12 anos chegarán a Galicia para compartir coas familias de acollida os meses de xullo e agosto. As persoas interesadas deben comunicarse coa delegación da organización no Val Miñor a través dos teléfonos 986369189 ou 679308833. Vacacións en Paz 2001 conta co apoio do Goberno de España, varias deputacións provinciais, a Xunta de Galicia, e no Val Miñor os concellos de Gondomar e Nigrán.

Razoes humanitarias que fundamentan o programa Vacacións en Paz 2011.

Cada ano viaxan a Galicia aproximadamente cincocentos cativos do Sahara, co obxectivo de convivir coas familias que solidariamente os van acoller na súas casas para prestarlles atención alimenticia, vestido e atención médica. Todos eles nados nos campos de refuxiados de Tindouf (Alxeria) onde máis de 200 mil persoas que habitaban na República Árabe Saharauí Democrática (antigo Sahara Español), foron desprazadas dos seus territorios pola ocupación do Reino de Marrocos.

“O programa realízase por razóns humanitarias”, explica Xosé Henrique Porto Varela, delegado de Solidariedade Galega co pobo Saharauí no Val Miñor. “En primeiro lugar para que os rapaces saharauís poidan coñecer outras culturas e xentes. E en segundo lugar para rescatalos do sufrimento que lles supón a estes nenas e nenos pasaren as súas vacacións escolares baixo un calor de 50 grados no deserto onde están os campamentos de refuxiados que Alxeria lles adxudicou”.

O SERGAS se encarga da cobertura sanitaria.

A asistencia médica e farmacéutica dos cativos e outro dos obxectivos do programa. Trátase dunha das carencias máis importantes dos campamentos de refuxiados. Co este fin a organización ten asinado un convenio co SERGAS que permite a cobertura sanitaria dos pequenos. Outro puntos de interese onde participan as familias de acollida son a boa alimentación, vestido e hixiene, informa a organización.

Como participar do programa.

“Necesitamos familias que desexen solidarizarse coas necesidades destas criaturas, é polo que facemos un chamamento aquí, desde a delegación da organización no Val Miñor para que se anoten as familias que desexen acoller un neno o nena que pasará coa familia acolledora os meses de xullo e agosto”, informa Xosé Henrique Porto.

A organización informa que “Para acoller un neno saharauí só é preciso avisar ao delegado do Val Miñor chamando ao teléfono 986369189 ou 679308833. A continuación cubrirá uns sinxelos documentos que o habilitarán a recibir na súa casa un destes nenos. Os pequenos teñen idades comprendidas entre os 7 e 12 anos. O programa permite viaxar a estes cativos só durante cinco veráns. Cada familia acolledora poderá reclamar de novo ao mesmo neno eses anos.”

Colaboracións das administracións

Ademais dos convenios coa Seguridade Social para a atención médica, a organización Solidariedade co pobo Saharauí tamén conta coa colaboración do Goberno de España cos visados para a viaxe dos nenos. O custe das viaxes se financia coa colaboración dos concellos, no caso do Val Miñor os de Gondomar e Nigrán. “Aínda que neste caso sempre resultan insuficientes porque ou os concellos pagan para poucos nenos ou non queren colaborar con nada como é o caso patético do Concello de Baiona que nin sequera quixo costear 800 euros dunha nena que vén todos os veráns a casa dunha familia acolledora de Baiona”, informa Porto Varela. Por tal motivo a organización realiza actividades para achegar fondos e axudar a costear os avións das liñas aéreas alxerianas nas que viaxan os rapaces.