Mércores, 1 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Curso "Ocio e tempo libre na enfermidade mental"

Curso "Ocio e tempo libre na enfermidade mental"

Correo-e Imprimir PDF
ocio-e-tempo-libre

A Concellería de Xuventude e Voluntariado de Nigrán organiza un curso de "Ocio e tempo libre na enfermidade mental" dirixido a tódalas persoas con formación sociosanitaria que estean interesadas en programas de apoio á rehabilitación psicosocial de persoas afectadas por trastorno mental. Neste curso se abordarán aspectos básicos da enfermidade mental, da ergoterapia e outras actividades terapéuticas a traballar dentro de programas de ocio e tempo libre.

O curso, cunha duración de 10 horas, comezará o 30 de Maio e será impartido pola Psicóloga, Educadora Social e Terapeutas Ocupacional e Social da Asociación Avelaiña, no Centro Antena de Nigrán. Inscripcións no Concello de Nigrán (Quina) ou mandando os datos a través do correo: omix@nigrán.org. Para máis información chamar os teléfonos: 986389233 e 608209807.