Mércores, 1 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Mercado Solidario inaugura a feira de artesanía, arroupado por empresas colaboradoras

Mercado Solidario inaugura a feira de artesanía, arroupado por empresas colaboradoras

Correo-e Imprimir PDF
avelaia

Mercado Solidario reunirá en Tui aos representantes das súas seis asociacións e a responsables das empresas colaboradoras de Ascensores Enor, A Rosaleira, Hidromiño e Talaso Atlántico.Este acto inaugura unha nova etapa de Mercado Solidario, ao contar por primeira vez con financiamento privado, permitindo a optimización dos seus recursos e unha maior cobertura na dotación de apoios a persoas con discapacidade, coa mellora da calidade de vida e normalización deste colectivo.

Pola súa banda, representantes de Mercado Solidario, sinalaron que “este acto supón unha forma de agradecer a colaboración que estas entidades prestan a Mercado Solidario, nunha cita que servirá tamén de convivencia e de punto de encontro”, resaltaron.

Este acto terá lugar ás 12:30 horas na carpa que Mercado Solidario ten instalada na Praza Inmaculada, fronte aos xulgados de Tui.

Asistirán autoridades do Concello de Tui e representantes das catro entidades colaboradoras e das seis asociacións integrantes de Mercado Solidario.

Mercado Solidario

Mercado Solidario, creado como espazo de encontro de seis asociacións do mundo da discapacidade, (Accesca, Alento, Avelaíña, Cogami Mos, San Xerome e Vontade) nace da necesitade compartida destas asociacións, para intercambiar experiencias, achegar ás familias, e dar a coñecer e fomentar as capacidades por medio da venda e exposición dos produtos artesanais, elaborados polos usuarios.

Está presente nas feiras e eventos máis importantes da zona sur de Pontevedra. Desde o 14 de maio atópase en Tui, coincidindo coa Feira de Artesanía desta localidade.