
O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, e a concelleira de Turismo, Cultura e Deportes, Liliana Silva recibiron hoxe no Concello de Nigrán a moza Mireya Represa, campioa española infantil de xadrez. Esta estratega de tan só 10 anos obtivo recentemente o título de campioa de España de Xadrez na categoría infantil. Este non é o primeiro título que obtén Mireya, xa que o pasado ano resultou campioa a nivel nacional de benxamins, daquela con tres anos de práctica do xadrez ás súas costas.