
O GAC-7 da Ría de Vigo-A Guarda, en colaboración có CEMMA, ofreceu hoxe no Salón de Plenos do Concello de Nigrán unha charla de educación ambiental sobre as especes mariñas ameazadas da ría. Paralelamente, inaugurouse tamén unha exposición de debuxos de rapaces dos centros educativos de primaria e secundaria de Nigrán, baixo o nome “Coñecendo as especies mariñas ameazadas da nosa ría”.