Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade O OMIX Gondomar impartirá dous obradoiros informativos para a mocidade, en colaboración coa Xunta

O OMIX Gondomar impartirá dous obradoiros informativos para a mocidade, en colaboración coa Xunta

Correo-e Imprimir PDF
Publicacin-xuventude-en-ac

Gondomar acollerá os obradoiros Xuventude en Acción e de Voluntariado Europeo dirixidos a mozas e mozos entre 16 e 30 anos, empadroados no municipio. O primeiro terá lugar o vindeiro martes 25 de outubro, e o segundo o 2 de novembro. Ambos os dous ten por obxectivo informar a mocidade dos contidos destes programas orientados ao fomento da mobilidade e intercambio cultural con rapaces doutras nacionalidades.

Ambos os dous obradoiros estarán a cargo da OMIX Gondomar en colaboración coa Xunta de Galicia, e se impartirán no Centro Neural do concello dende ás 17 horas, cunha duración de 2 horas cada un. Para máis información dirixirse á oficina da OMIX, na planta baixa da Casa da Cultura de Gondomar, ao correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou a través do teléfono 986368746.