
Sociedade
O Concello de Nigrán recibiu á campiona nacional de Slalom Olímpico, Antía Loira.

Resultados do XXIX Torneo 24 horas Bolo Miñor, celebrado nas canchas do C.C.D. Bolos da Carrasca.
A pasada fin de semana celebrouse o XXIX Torneo 24 horas Bolo Miñor nas canchas do C.C.D. Bolos da Carrasca. O certame contou coa participación de vinte equipos do Val Miñor que congregaron a 80 deportistas. A competición disputouse en dúas fases, que deron lugar a tres tipos diferentes de grupos clasificatorios (A, B e C). Os xogos de ambas as dúas fases puntuaban para o IV Circuíto de Bolos Concello de Nigrán.
Inaugurouse o campamento de verán do Concello de Nigrán coa participación de 75 nenos.

As concelleiras de Educación e Persoal, Rosana Costas Abalde, e de Patrominio, Igualdade e Xuventude , María José Piñeiro, inauguraron hoxe o Campamento Urbano Concello de Nigrán 2011, no C.E.I.P de Mallón. O campamento celebrarase ao longo de todo o mes de xullo de 9 a 14 horas, dará cabida a 75 nenos e nenas e terá como base de operacións estas instalacións educativas.
O Club de Petanca Bolos da Carrasca obtivo a Liga Rexional de Petanca na primeira categoría.

A concellería de Educación de Baiona entrega certificados a 15 alumnas da Escola de Adultos de Baredo.

A concelleira de Educación de Baiona, María Jesús Garbín entregou ás 15 alumnas que finalizaron o curso de alfabetización os certificados acreditativos. As asistentes á Escola de Adultos da parroquia de Baredo, salientaron que ademais dos coñecementos adquiridos, a experiencia aportoulles mais seguridade en si mesmas e unha maior autoestima.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL