Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Inaugurouse o campamento de verán do Concello de Nigrán coa participación de 75 nenos.

Inaugurouse o campamento de verán do Concello de Nigrán coa participación de 75 nenos.

Correo-e Imprimir PDF
75 nenas e nenos de Nigrán gozan dos campamentos de verán no CEIP de Mallón.

As concelleiras de Educación e Persoal, Rosana Costas Abalde, e de Patrominio, Igualdade e Xuventude , María José Piñeiro, inauguraron hoxe o Campamento Urbano Concello de Nigrán 2011, no C.E.I.P de Mallón. O campamento celebrarase ao longo de todo o mes de xullo de 9 a 14 horas, dará cabida a 75 nenos e nenas e terá como base de operacións estas instalacións educativas.

Segundo informa o Concello a convocatoria foi un éxito quedando 20 solicitudes sen praza, polo que o Concello comprométese a que no próximo verán todos os nenos poidan ter un lugar nesta actividade. O campamento está dirixido a nenos de Nigrán de entre 4 e 12 anos. Entre as diversas actividades que terán os nenos e nenas destacan os paseos polas praias, as visitas e actividades culturais, rutas paisaxísticas, actividades deportivas , entre outras.