Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

60 exemplares premiados no XIX Concurso da Unión Ornitolóxica Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

{plusone}60 exemplares premiados no XIX Concurso da Unión Ornitolóxica Val Miñor.O xurado do XIX Concurso exposición Unión Ornitoloxica Val Miñor, repartiu este domingo 60 premios entre os expositores concursantes na edición. A exposición congregou durante dez días a máis de 1.500 exemplares de paxaros procedentes de todo o territorio autonómico, así como doutros puntos do noroeste peninsular, no Centro Cultural O Torreiro.

A premiación estivo a cargo do alcalde de Nigrán Alberto Valverde, e a concelleira de Turismo, Cultura e Deportes, Liliana Silva, xunto co presidente da Asociación Ornitolóxica do Val Miñor, Manuel Gómez González, e toda a súa xunta directiva.

1500 exemplares participarán do XIX Concurso Exposición da Unión Ornitolóxica Val Miñor en Priegue.

Correo-e Imprimir PDF

paxarosA partir deste xoves Nigrán acollerá o XIX Concurso Exposición Unión Ornitolóxica Val Miñor. O evento desenvolverase entre o 11 e 20 de novembro no Centro Cultural O Torreiro, de Priegue, aínda que non abrirá ao público ata o domingo 13, a partir das 18.00 horas. A exposición permanecerá aberta ata o seguinte domingo 20 de novembro, de 11.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas, excepto o día de peche, que abrirá só ata as 12.00 horas para proceder á entrega de premios e a clausura do concurso.

Conto contigo, un libro que escribirán 20 nenos e nenas de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

conto-contigoConto contigo e un libro que aínda está sen escribir. Por iso, o CIM de Gondomar busca a 20 noveles autores entre 6 e 10 anos que queiran formar parte desta aventura. Os interesados participarán de dez sesións nun obradoiro onde se falará da igualdade de xénero e a importancias de medrar libres de estereotipos sexuais, ao mesmo tempo que se fomenta o hábito da lectura. Desa experiencia, os participantes traballarán nunha obra que será editada e distribuída nos centros de ensino e bibliotecas do concello, ademais de entre eles.

Sahaja Ioga: a corrente espiritual que naceu a carón da loita independentista da India en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
Shri Mataji, guía espiritual e loitadora pola independencia da India.

O vindeiro venres 28 de Outubro ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Gondomar, celebrarase un taller teórico-práctico de ioga na súa vertente Sahaja Ioga. O obradoiro estará organizado pola naturópata de Gondomar Gloria Pérez González, relatora da coordinadora nacional desta disciplina fundada na India por Shri Mataji Nirmala Devi.

Inscricións abertas para as I Xornadas sobre violencia de Xénero en Nigrán: "E as crianzas que?"

Correo-e Imprimir PDF

triptico_xornadas_violenciaA Concellería de Patrimonio, Igualdade e Xuventude a través do Centro de Información ás Mulleres do Concello de Nigrán, en colaboración coa Xunta de Galicia, organiza as I Xornadas sobre violencia de xénero “E as crianzas que” o vindeiro venres 11 de novembro, nas que se abordarán as consecuencias da violencia de xénero nos fillos e fillas dende distintos ámbitos: os dereitos dos/as menores, o impacto no seu desenvolvemento físico e psicolóxico, a intervención psicosocial co obxectivo de minimizar as consecuencias nas crianzas e por último a regulación da custodia compartida. O programa e a folla de inscrición pode descargarse da páxina Web www.nigran.org

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL