Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

Curso de informática e Internet básico para mulleres maiores de 60 anos en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Cursos de InformáticaAberto o prazo de inscrición para o curso de informática de Internet básico destinado preferentemente a mulleres maiores de 60 anos no Concello de Gondomar. O mesmo terá unha duración de 30 horas. O curso será gratuíto e o prazo para inscribirse remata o 27 de xaneiro.

Fin de ano solidario no vino-hotel 7Uvas en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Hotel - Restaurante 7Uvas en NigránO vino-hotel 7Uvas ubicado en Nigrán prepara hoxe de madrugada unha velada solidaria moi especial.
A partir da 1 da mañá, e coincidindo coa celebración do fin de ano, este hotel destinará o 50% da súa recadación a Cáritas Vigo, nun momento de especial necesidade e emerxencia social.
Un xeito solidario de comezar o ano.

Queremos que sigas con nós no 2012: "Se vas beber que non se che de por mover o coche".

Correo-e Imprimir PDF

discapacidad-accidentes-O 061 pide a colaboración da cidadanía e solicita precaución ao volante ante os desprazamentos durante a celebración do fin de ano

-As lesións producidas polos accidentes de tráfico constitúen a primeira causa de mortalidade prematura entre a poboación galega

-Nas festividades do ano pasado, que foi do 31 de decembro ata o 2 de xaneiro Urxencias Sanitarias de Galicia atendeu 48 accidentes de tráfico

Xornada de rulas, sorrisos e chocolate entre avós e nenos do CEIP de Mallón.

Correo-e Imprimir PDF

Galletas-con-chocolate-caliAs avoas e avós dos alumnos do CEIP de Mallón non esperaban tamaña sorpresa. Dende a semana pasada sabían cas 11:30 desta mañá os netos esperábanos no cole. Con moita ilusión, os pequenos levaban varias semanas preparando unha exposición con fotografías familiares, elixindo e ensaiando a lectura de poemas e textos para agasallar a aqueles que día a día les dan o seu cariño entre apertas e rulas.

O CIM de Nigrán pecha o curso de defensa persoal

Correo-e Imprimir PDF

Curso-de-defensa-persoal-imA Concellería de Patrimonio, Igualdade e Xuventude pechou hoxe un curso sobre defensa persoal, organizado polo Centro de Información ás Mulleres de Nigrán. O curso, que comezou o pasado 3 de novembro, contou coa participación de máis de vinte mulleres, puideron aprender de forma gratuíta técnicas e movementos para defenderse no caso de ameaza ou ataque de terceiros. A concelleira María José Pino cualificou esta edición do curso como "todo un éxito", e espera poder coordinar unha nova para principios do 2012.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL