
Un día de excursión, con sorteos, obsequios, paseos e moita ledicia por só 10 € , non está mal. Se a isto agregamos que cubría o transporte en autobús ata Ourense, as visitas turísticas e a comida, moito mellor. E se non preguntarlle aos máis de 150 veciños de Nigrán e Gondomar que acolleron a invitación de Expourense para asisitir á XI edición de Termatalia-Feira Internacional de Turismo Termal de Ourense o pasado sábado 24 de setembro. A andaina levounos polos paseos termarais de Chavasqueiras, As Burgas, e Outariz, tamén a percorrida incluía a cidade de Ourense, onde visitaron a zona do Mercado, a Alameda e a Catedral de San Martiño. A organización dos autobuses estivo a cargo do persoal das oficinas de turismo dos concellos de Gondomar e Nigrán, os que identificaron con cintas da campaña “Faite Ver” aos de Gondomar e con panos verdes no caso de Nigrán. Ademais contaron coa guía de técnicos locais de turismo unha vez chegados a Ourense.