Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Seis cursos on-line oferta o Concello de Baiona para homes e mulleres maiores de 16 anos.

Seis cursos on-line oferta o Concello de Baiona para homes e mulleres maiores de 16 anos.

Correo-e Imprimir PDF
concello_baiona

O Concello de Baiona pon en marcha unha serie de cursos on-line dirixidos a veciñanza. As disciplinas que se ofertan son seis: Creación de páxinas web, inglés inicial, inglés intermedio, inglés avanzado, Office 2007, Windows Vista. Para acceder ós mesmos é preciso, estar empadroado no municipio con data anterior a esta convocatoria e ter cumprido 16 anos no momento de presentar a solicitude. Soamente pódese solicitar a participación nun curso, xa que so se ofertan 40 prazas.

Tódolos cursos comezarán o 19 de outubro e rematarán o 20 de decembro. Cada alumno desenvolverá a acción formativa seguindo o seu propio ritmo de traballo, ben na súa casa ou na aula de formación de novas tecnoloxías municipais situada no Centro Antena de Sabarís. Neste último caso pódese elixir horario de mañá ou tarde (formaranse os grupos unha vez revisadas todas as solicitudes) .As persoas que opten por realizar a formación na súa casa deberán ter equipo informático e acceso a internet.

O prezo estipulado para participar en calquera dos cursos é de 25 €. Esta cifra redúcese nun 50% en caso de familia numerosa para o primeiro e segundo membro, para o terceiro e sucesivos a actividade será gratuíta. Considérase unidade familiar a composta polos pais, e fillos menores de 25 anos que convivan no mesmo domicilio familiar.

As persoas interesadas en participar no proceso de selección dos cursos de teleformación, deberán presentar a solicitude que se pode recoller no rexistro do Concello de Baiona ou no Centro de Información á Muller dende o 22 de setembro ata o 7 de outubro , en horario de 9:00 a 13:00h.

A hora de realizar a matrícula e preciso presentar fotocopia do DNI do solicitante. As prazas adxudicaranse nun sorteo ao chou que se celebrará no salón de plenos do Concello de Baiona o xoves 13 de outubro ás 10:00h entre tódalas solicitudes que cumpran os requisitos establecidos nestas bases.

O martes 13 de outubro a partir das 12:00h publicarase no taboleiro de anuncios do Concello e no Centro de Información á Muller a lista de persoas seleccionadas . Poderá informarse tamén de si está ou non seleccionado no teléfono 986/357554.

As persoas seleccionadas terán dende o 13 de Outubro ata o 18 de outubro para facer efectiva a cota do curso e entregar o resgardo no Centro de Información á Muller ou remitilo vía Fax ao 986/355291.

Unha vez realizada a adxudicación definitiva de prazas se aínda quedasen prazas vacantes, poderán acceder tódalas persoas que o desexen ata cubrir as prazas vacantes.

.