Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Convocatoria para un bolseiro no Instituto Galego de Estatística.

Convocatoria para un bolseiro no Instituto Galego de Estatística.

Correo-e Imprimir PDF
matematicas-1

O Instituto Galego de Estatística (IGE) convoca en réxime de concorrencia competitiva unha bolsa de formación na área de estatística pública, con unha duración de 6 meses. A bolsa está destinada a unha persoa con grao o titulación equivalente en matemáticas (con orientación curricular en estatística e investigación operativa) ou en economía, así como ter rematados os estudos a xaneiro de 2008. O candidato deberá estar en posesión do Celga 4 ou curso de perfeccionamento de galego. O importe da bolsa será de 900€.

As bases e condición deberá consultarse no Diario Oficial de Galicia (DOG), de data 26 de setembro. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir de mañá. Esta bolsa está cofinanciada nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa operativo Feder cooperación transfronteiriza España - Portugal 2007-2013 (POCTEP).