Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Á hora de pasear... a crise pódese esquecer.

Á hora de pasear... a crise pódese esquecer.

Correo-e Imprimir PDF
Veciños de Gondomar na visita a Ourense.
Veciños de Nigrán na percorrida por Ourense.
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Un día de excursión, con sorteos, obsequios, paseos e moita ledicia por só 10 € , non está mal. Se a isto agregamos que cubría o transporte en autobús ata Ourense, as visitas turísticas e a comida, moito mellor. E se non preguntarlle aos máis de 150 veciños de Nigrán e Gondomar que acolleron a invitación de Expourense para asisitir á XI edición de Termatalia-Feira Internacional de Turismo Termal de Ourense o pasado sábado 24 de setembro. A andaina levounos polos paseos termarais de Chavasqueiras, As Burgas, e Outariz, tamén a percorrida incluía a cidade de Ourense, onde visitaron a zona do Mercado, a Alameda e a Catedral de San Martiño. A organización dos autobuses estivo a cargo do persoal das oficinas de turismo dos concellos de Gondomar e Nigrán, os que identificaron con cintas da campaña “Faite Ver” aos de Gondomar e con panos verdes no caso de Nigrán. Ademais contaron coa guía de técnicos locais de turismo unha vez chegados a Ourense.

Por si algún incentivo faltara, os viaxeiros puideron participar de cesións de masaxe, terapias de relax, talasoterapia ofrecidas de forma gratuíta polas empresas expositoras en Termatalia. O agasallo da feria non rematou alí, tamén foron entregados cupóns para sorteos de estancias en balnearios e tratamentos cosméticos e de saúde. E para os que tamén ían coa esperanza de albiscar novos mercados laborais, fóronlles recibidos currículos  para participar como demandantes de emprego neste sector cada día máis en auxe.

Tan só houbo que apañarse para tomar paciencia á hora de xantar, pois a cantidade de excursións encheu os dous locais hostaleiros preparados para recibir aos paseantes que chegaron dende varios puntos do país. Nembargante iso, as fontes afirmaron que “comer... comeron” e ben.