A Concellería de Patrimonio, Igualdade e Xuventude a través do Centro de Información ás Mulleres organiza un curso de alfabetización destinado a persoas adultas. O curso está dirixido a persoas que non teñan coñecementos básicos de lectura, escritura e cálculo matemático e comezará o 4 de outubro.
Sociedade
Cursos de alfabetización para adultos en Nigrán.
A OMIX Gondomar abre inscricións para os Roteiros para a Xuventude 2011 en Forcarei.
A Oficina de Información Xuvenil de Gondomar (OMIX) abre o prazo de inscrición no programa Roteiros para a Xuventude 2011 dirixido a mozos entre 18 e 35 anos de idade.
O Centro Cultural O Castelo de Villaza abre inscricións para cursos 2011 – 2012.
O Centro Cultural O Castelo da parroquia de Villaza, abre prazo de inscricións para as actividades do cursos 2011 – 2012. Dentro das disciplinas atópanse clases de ximnasia de mantemento,ximnasia suave, pintura, manualidades, informática, idiomas para nenos e adultos, e varios obradoiros máis. Os interesados deben chamar aos teléfonos 986360302 ou 626042589.
Peregrinos miñoranos da Asociación Avelaíña rematan mañá unha aventura de catro días cara Santiago.
Nove peregrinos da Asociación Avelaíña pisarán maña a Catedral de Santiago de Compostela logo dunha peregrinación de catro días que seis deles comezaron no concello de Gondomar. Acompañados dunha monitora, o grupo comparte a experiencia percorrendo o Camiño de Santiago xunto con outros 51 peregrinos achegados dende distinto puntos do país polo Camiño Francés. A iniciativa, organizada pola Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia (FEAFES), desenvólvese co obxectivo de rematar coa estigma que sofren as persoas co algún tipo de psicopatoloxía, explicaron membros de Avelaíña.
A Asociación de Mulleres Rurais abre inscricións para clases de Taiji no CDL de Gondomar.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL