Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade A OMIX Gondomar abre inscricións para os Roteiros para a Xuventude 2011 en Forcarei.

A OMIX Gondomar abre inscricións para os Roteiros para a Xuventude 2011 en Forcarei.

Correo-e Imprimir PDF
Roteiros-para-a-xuventude1

A Oficina de Información Xuvenil de Gondomar (OMIX) abre o prazo de inscrición no programa Roteiros para a Xuventude 2011 dirixido a mozos entre 18 e 35 anos de idade.

Este programa da Xunta de Galicia, consiste en diversas actividades programadas ao longo do fin de semana do 4 ao 6 de novembro que permiten o contacto dos mozos coa natureza, ao mesmo tempo que combinan o tempo libre, o deporte e o coñecemento da nosa contorna cultural e ambiental.

As instalacións onde se realizarán o aloxamento e manutención serán no Albergue Xuvenil de Pontemaril en Forcarei (Pontevedra) e as actividades a realizar consistirán en escalada en rocódromo, diferentes graos de dificultade, rutas BTT, geocaching, r aid cultural ( fotográfico, orientación e rastrexo) e veladas nocturnas( venres e sábado)

Para poder participar só fai falta ter entre 18 e 35 anos e inscribirse na OMIX de Gondomar e abonar o custo total do programa; 80 euros ou 60 euros para usuarios do Carné Joven. A data límite de inscrición será o 26 de setembro.

Para máis información contactar coa OMIX de Gondomar a través de e-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou ben por teléfono ao 986 369 746.