Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Aberto o prazo de inscrición de VI Marcha BTT Concello de Nigrán

Aberto o prazo de inscrición de VI Marcha BTT Concello de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
nigranbtt2011

- O evento terá lugar o próximo 13 de novembro co Pavillón de Deportes de Panxón como punto de partida.

- A marcha, organizada pola Peña Ciclista Val Miñor en colaboración co Concello de Nigrán, está dirixida a todos os ciclistas maiores de 16 anos con licenza federativa.

A VI Marcha BTT Concello de Nigrán 2011 abre o prazo de inscrición para a sexta edición deste evento, dirixido a todos os ciclistas maiores de 16 anos que dispoñan de licenza federativa. A marcha, organizada pola Peña Ciclista Val Miñor, en colaboración co Concello de Nigrán, celebrarase o próximo 13 de novembro, e terá o Pavillón de Deportes de Panxón como punto de partida, ás 9.15 horas.

A ruta, limitada a 500 participantes, percorrerá unha distancia de 41 Km. por rutas forestais do municipio, cunha dificultade que a organización cualifica de media-alta. As inscricións só se realizarán a través da páxina web www.nigranbtt.com até o vindeiro xoves 11 de novembro.