Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Baiona prepara a Regata de Gamelas 2011

Baiona prepara a Regata de Gamelas 2011

Correo-e Imprimir PDF
regata-gamelas

A concellaría de Actividades Marítimas do Concello de Baiona anuncia a realización da Regata de Gamelas 2011 os vindeiros 6 e 7 de agosto. Por outra banda, informa que estes días realizarase o envío de cartas personalizadas a todos os participantes en edicións anteriores de face a presentarlles está nova edición da regata.

Con este envío, o que se pretende, é ir anunciando e animando a todos os participantes para que preparen está nova edición, así como, do arranxo oportuno que se realizará en cada unha das embarcacións e remos para que toda a regata a desenvólvase nas mellores e oportunas condicións, permitindo xa a posibilidade de solicitar as embarcacións na Oficina de Turismo para poder adestrar.

Os interesados en participar xa poden formular as súas inscricións no Pavillón, en horario de 8.00 a 14.00 ou chamando ao Teléfono 986.356.558, Fax: 986358.078 ou tamén se dispón do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo